jueves, 27 de junio de 2013

¿ ULOS ÓSOS DOS NOSOS ANTERGOS ?

A  MODO  DE  LIMIAR

Escribir verbo as mámoas de Taboexa, os seus anexos, e os pasos evolutivos que se deron para enterrar dentro das igrexas, nos adros e máis tarde nos cemiterios, non tería creto se non se enmarca  dentro da historia de Gallaecia, de donde sae o fío para decatarnos enteiramente do tema.
Sei que ler historia, anque sexa en pequenos resumos, resulta un pouco arduo para o lector. Ademáis historia da que escribín abondo noutros traballos publicados neste blog. Pero é a única maneira da facelas cousas ben.
Coido quedaredes compracidos, porque vou a contar cousas inéditas da nosa parroquia, que naide sabe, Unhas vinas daquela. Outras estounas descubrindo hoxe.
Aproveito  para saudar e dar as grazas aos meus lectores, que acotío visitan este blog.
.
POSIBLE  ETIMOLOXÍA, OU CASE SEGURA,  DO  TOPÓNIMO  "TABOEXA".


Ó chegaren os romanos ao noso poboado e ollaren para os nosos montes, unha ámpla e impresionante  arboreda de color verde de varias tonalidades coa súa  abraiante gama de flores silvestres, entre elas as do toxo e xestas, quedaron impresionados e exclamaron: "Tabulata... Tabulatela...Tabulela"
"Tabulata" de tabulata, orum, era unha alfombra de gamallos de árbores de cor verde, na que non faltaban pólas de oliveiras e de palmeiras coa que os romanos adornaban a vía por donde ía desfilar o emperador co seu exército para celebrar algún triunfo.

Monte Castro de Altamira

Desde entón ao noso poboado quedoulle o nome de "Tabulatela", que quere dicir parecido á Tabulata, Co tempo foise simplificando en "Tabulela".

Monte Castro de Altamira

Na entrada "Romanización en Taboexa" escibín verbo o "Obradoiro Metalurxico" romano, cerámicas e un astaleiro onde fabricaban barcas pequenas de pesca, doliums de madeira de gran tamaño para transportar neles lampreas do río Miño para Roma, Sellas tamén baldes para auga e demáis utensilios. En cerámica facían tamén doliums e unha morea de pezas necesarias para o fogar. A diferenza entre ·sella" e balde está  en que a sella é só para a auga e o balde serve tamén para medir líquidos e áridos.

..

                                           Unhas mostras de moitas no Museo de Ponteareas


O "obradoiro metalúrxico estaba ubicado no Monte Castro de Altamira. O astaleiro e cerámica no lugar da "Rata". Aínda perdura o nome ata hoxe, Rata ven do vocábulo latino ratis, is, que significa barca pequena, e "Rata",o obradiro onde se fabricaban. Da mágoa que lle chamen oficialmente a este barrio "As Barreiras" de donde  sacaban o barro, e non "A Rata" como se chamou sempre, onde fabricaban as pezas

                                            Dúas mostras de tantas no museo de Pontevedra

.

Mercurio

Todas estas mostras e moitisimas máis que locen nas vitrinas dos museos de Pontevedra e Ponteareas proceden das distintas excavacións no noso Monte Castro de Altamira.

Non viñeron os romanos a España para dominala, senón para extraer dela ouro, chumbo e toda materia prima que consideraban de interese..

Rematadas as tres grandes vías: XVIII, XIX e XX, que enlazaban os tres conventus: "Bracara Augusta" Braga, "Lucus Augusti" Lugo e "Asturica Augusti" Astorga, transportaban o material a Braga, facendo dela un centro comercial moi importante dende o século I ata o V. Alí amoreaban o ouro e había grandes exposicións de cerámicas, metalurxia e de madeira como barcas, carros, doliuns, sellas,baldes... Ata os lusitanos tiñnan unha  fábrica de "lucernas", lucindo alí a súas propias mostras.

Para gardar toda aquela riqueza, sobre todo o ouro, estaba a lexión "Gemina" e a Cohorte I de Gallaecia.
Segúndo Tito Livio a Lexión romana constaba de 5.200 a 6000 soldados de infantería e 300 xinetes, e A Cohorte, de 5 centurias dobres, 1000 soldados. Podedes supor a gran cantidade de xente , non só  soldados senón a inmensa cantidade de pousadas, tabernas, e tanta xente mercando e vendendo.

Vexillum romanum
En Taboexa existe un monte e un barrio chamados "Custoura". Coido que na aba de ese monte había unha gran morea de ouro que ían xuntando dos nosos montes, custodiada por soldados dia e noite mentres non fose transportada.. Por iso "Custoura" pode ter o seu étimo en "Custodia auri".

Este ouro, e todo o que fabricaban en Taboexa, na metalurxia, cerámica e astaleiro, íano transportando en carretas a Braga, non sen antes gravar o seu lugar de orixe: "In Tabulela factum"

O Papa Xoan III convocou o Primeiro Concilio de Braga, ano 561, que presidiu San Martiño Dumiense e asistíu tamén o rei suevo Teodomiro, que aprovitou para redactar o documento "Divisio Teodomiri", ou "Parroquiale suevorum", na que fai unha relación de bispos e parroquias de Gallaecia. Anque se chama "parroquiale" hai quen opina que foi unha simple división feita polo rei. Na diocese de Tui ,entre 11 parroquias e 6 pagus nomea de terceira a "Tabulela" Taboexa, despois de Tuy e Turedo.

Iso proba que Teodomiro coñecía este noso poboado por ler no comercio de Braga o gravado das nosas mercancía: "In Tabulela factum".E tamén demostra, o que máis arriba dixen, que o topónimo "Tabulela" débese aos romanos.Anque non debemos esquecer, que, dende tempos antiquísimos, tiña outro nome indoeuropeo, que se perdeu nos tempos, despois de máis de tres séculos de romanización.
Nota. Ver entradas " Romanización en Taboexa" e Cristianización en Taboexa. www.taboexa.es.


========================================================================


PERFÍS   DA PREHISTORIA  DE  TABOEXA.

Fixen este breve resumo da romanización para centrarnos no noso poboado, nomeado polos romanos  "Tabulela" Taboexa. D. Ramón Rodríguez Otero, cando afirma, na súa obra As Neves, Taboexa, Historia e Arte, que "Tabulela" veiña de táboa,, unha táboa alargada, que ía dende o río Uma ata o Miño, non se deu conta que, daquela, non existían parroquias, nen tampouco deslindes ou límites. Taboexa era tan ampla, que abarcaba todo o Paradanta e o cordal dende Guillade ata Rebordechán, e poboados allende e aquende o Miño. Todos estes poboados, e posiblemente o achado nas Gándaras de Budiño mais o do Porto maior das Neves é moi posible foran descendentes dos habitantes do noso Monte Castro, tornándose en poboados durante decenas de miles de anos.D. Ramón Rodríguez Otero confunde o séc.VI co XVI. 
É de resaltar aquí o que afirma JoséCarbajal Sobral, na súa gran obra- tesis- sobre "Los Concilios de Braga en los siglos VI y VII, reflejo de la vida en la Gallaecia de la época" na "Divisio Teodomiri" ao incluir o rei suevo na lista a Tabulela, afirma:"Tabulela , la zona de la actual Taboexa con las estivaciones de los montes de Paradanta, ríos Termes y Cea".



O pobodo das Gándaras de Budiño foi descuberto en 1973. Segundo Ramón Villares, catedrático da Universidade de Santiago: "Atopáronse unhas 700 pezas de seixo e cuarcita, resto de fogares ao ar libre, e mesmo talleres onde se fabricaban estos útiles líticos. Polo método radiocarbónico se datou esta estación prehistórica entre os anos 26000 ou 18000 a. de C.. As Gándaras de Budiño apreséntanse  coma un campamento de bandas de cazadores, que practica unha economía depredativa onde o home caza cervos, corzos e elefantes, mentres que a muller apaña froitos silvestres.Afirma Menéndez Pidal, Na súa Obra "Toponimia Prerrománica Hispana, páx. 76, que "Gándara emparenta coa voz preindoeuropea ganda=pedregal). O achado do Coto Maior das Neves, ten parecido co das Gándaras.



Na entrada "Prehistoria de taboexa", que vos animo a que leades, escribín que os primeiros habitantes de Taboexa poden remontárse ao Paleolítico superior. Comezaron a vivir nas amplas covas que esconde o noso monte Castro de Altamira, que entón se chamaría doutra maneira. "Altamira" é un topónimo romano, de altum,i, lugar alto, e mirus,a,um= a maravilloso, que en plural neutro "Alta mira" significa :Altos maravillosos.O mesmo nome teñen as Covas de Altamira de Santander Pero antes tiñan outro topónimo, que se perdeu.
 Pero é posible que nas mesmas datas do poboado das Gándaras de Budiño xa houbera  asentamento humano nas covas do noso monte Castro de Altamira. Despois virían os oestrimnios, celtas e do interior da Península, , aumentando a poboación.

Tódolos  nomes de poboados foron trocados por outros durante a dominación romana. Anque, en Taboexa parece que algúns topónimos prerromanos persisten como reliquias do pasado. Así temos o monte "Esperón" que sinifica vida,  -fai referencia aos dous sexos-; parece que os emigrantes galegos expandiron este nome por América Central, e moitos aceptárono como apelido. O monte "Tambo" e os montes máis altos do Paradanta, a 954 m. sobre o nivel do mar, chamados "Montes Canda", que Fernando Cabeza Quiles, na súa obra "Topónimos de Galicia di poida provir da verba prerromana, cand ou cant= pedra, en este caso = Montaña Rocosa..Desa verba proceden: canto, canto rodado, canteiro etc... Tamén existe un barrio, chamado "Corneda", que segundo algúns escritores ven de dúas verbas indoeurpeas: "Kor"= corno orográfico, e "Neto", un deus celta, en este caso significaría "Monte de Neto".

No "Neolítico"- 4000 a 3000 anos a. de C.- descúbrese unha nova forma de traballala pedra: "o puíla", e chégase ao descubrimento da agricultura e gandería, pasando do "nomadismo paleolítico" a un "sedentarismo" = poboado estable, dando paso a novas formas culturais.. Unha delas é "O MEGALITISMO".


Mámoa deLamas
Os "megalitos", que máis abondan son os "sepulcros funerarios", entre eles o "dolmen", construido con pedras verticalmente e unha horizontal por riba como teito.

Existían tamén os "monolitos" o "menhir" o "cromlech, etc.



Os nosos antergos, no Palolíticoa a centos de miles de anos a. de C., buscaban un campo axeitado, onde poideran excarvar. Enterraban aos seus mortos en sepulturas achegadas unhas as outras, que ao final cubrian con pedras e unha gran morea de terra, de 10 a 12 metros de circunferencia na base por uns 5 metros de alto. Ás veces , en vez de terra, cubríanas cunha morea de pedras, máis ou menos do mesmo tamaño cas de terra.

No Neolítico, cando surxe o Megalitismo, aparecen dolmens neses campos de enterramentos, reservados normalmente para os xefes, anque  aparecen algúns dolmens amplos, onde poideran ser enterrados  mortos de diversas familias. Estes dolmens tamén eran recubertos de un grande morea de terra.

É unha magoa, que non se saiba cómo se chamaban en lingua prerromana ditos campos de enterramento. Somentes o dolmen que ven de tol = mesa e men = pedra., lingua celta.

Ó chegaren os romanos, sorprendéronse pola forma de moreas de terra ou pedra nos lugares de enterramento, e comezaron a chamarlles mammulas, que quere dicir tetas, quedando o diminutivo mámoas, e tamán mamoelas, moimenta ou muimenta, monimenta , monumenta.

Coido non se debería confundir dolmen con mámoa. Todo dolmen recuberto de terra é mámoa. Pero nen toda mámoa é dolmen..

Ramón Villares, na súa obra "A Historia de Galicia", afirma: " O número de mámoas existente aínda hoxe, ademáis das destruidas, permite inducir un poboamento denso e disperso, pois son varios miles de mámoas as espalladas por todo o territorio galego".


Mámoa da Pedra Da Arca
Esta cultura megalítica comeza a  esmorecer a finais do terceiro milenio ante o descubrimento da tecnoloxía metalúrxica.



========================================================================



O  CRISTIANISMO  E  AS  MÁMOAS

Tódolos escritores están de acordo que nos dous primeiros séculos non hai sinais- nen na literatura nen na arqueoloxía de que houbera cristianización en Galicia.

É a finais do s. III e comezos do IV, cando xurden os primeiros testemuños das recentes comunidades cristiáns en todo o territorio de Gallaecia.

A finais do s. IV exiiste xa un potente núcleo intelectual cristián en Braga, destacando a monxa Eteria, Hidacio e Paulo Orosio, discípolo de San Agustín de Hipona.

Pero foi a figura de Prisciliano (349 naceu en Via Flavia-385 morreu degolado en Tréveris.) quen deu un pulo a cristianización de Galicia, durante o último tercio do s. IV, que perdurou ata época sueva.

Prisciliano

Segundo o xa citado Ramón Villares:" O Priscilianismo foi quen cristianizou  ao noso poboado galego aínda atado ás tradicións relixiosas dos seus ancestros.

Por iso no meu traballo "Cristianización de Taboexa" afirmo que posiblemente Prisciliano e os seus discípulos predicaran o cristianismo na nosa "Taboexa" e os seus poboados.

Pero, en realidade, a cristianización masiva en toda Galicia se debe a San Martiño Dumiense. Primeiro foi bispo de Dumio, e máis tarde Bispo de Braga, e polo tanto, prelado de toda Gallaecia, responsable de orientar ós bispos da nosa terra a unha evanxelización organizada. Xa escribín sobre esta gran figura na entrada "Cristianización en Taboexa".

San Martiño Dumiense

Celebrados os Concilios de Braga, (I en 561 e o II en 572), no tratado "De correctine risricorum, insta aos bispos de Gallaecia traten de loitar contra os ritos de idolatría romanos.

Con respecto ás mámoa, vendo a fe dos galaicos no máis alá, "O Alén", e a veneración que prestaban aos seus defuntos, ordenou que, respectando esos monumentos funerarios, se construira ó lado unha capela ampla, para poder enterrar dentro dela aos primeiros cristiáns e celebralos ritos cristianos. Desta maneira, sendo unha imitación das mámoas, facilitábase aos galaicos o paso a súa conversión.

Polo mesmo podemos afirmar que, onde hai unha igrexa ou capela con nomes de patronos, como Santa María, San Xoán Bautista, San Pedro, San Felix,...  alí houbo unha mámoa.

Para rexir esta capelas os bispos ordenaron cregos a homes casados escollidos dos mesmos poboados.Non sabían ler nen escribir, pero en curtos cursiños ensinábanlles de memoria as verbas do ofertorio e consagración e algunhas oracións, que os capacitaba para celebrar misa.Co tempo íanos preparando un migallo máis. Pero tales cregos, anque seguían arrastrando reminiscencias pagás, fixeron un labor pastoral moi importante para aqueles tempos, edificando e ampliando capelas, e convencendo aos seus a que se convertiran ó Cristianismo.



AS  MÁMOAS  DE  TABOEXA

 Despois destos resumos da historia, podemos centrarnos na nosa parroquia, co traballiño, que me propoño,  ¿ Onde enterraban os nosos antergos aos seus mortos?

É normal que cada poboado quixera enterralos  nas valgadas do monte, onde tiñan o seu hábitat. Antes do megalitismo, escavaban con paus ou pedras ata facer unha cova,onde enterraban ó morto, enchíana de pedras e amoreaban terra sobre ela..Na época megalítica, os xefes eran enterrados nos dolmens,  tamén cubertos de unha gran morea de terra.

Na nosa parroquia había unha mámoa preto da Igrexa e outra na capela da  Carrasqueira, daquela, capelas  edificadas dunha maneira arcaica, que, pouco a pouco foron mellorando. Case seguro, que tiñan un dolmen especial para os xefes onde foi construida a capela de San Bartolomeu, máis preto do poboado, por se en momentos difíciles como unha guerra ou  peste, poder achegarse axiña, para pedirlles consello.

É convinte engadir aquí as mámoas de Rubiós e a de San Pedro da Mamoa , que máis tarde, na época feudal, a partir de s. XVI foron anexos de Taboexa.



En Rubiós, , a capela antiga, adicada a San Xoán Bautista foi constrida ó lado da mámoa nos campos da "Borgoa", baixando polo barrio do Couto, moi preto da Estrada. Dicen os de Rubiós que a tal capela foi desfeita para ampliar a igrexa actual, onde había outra capela adicada a Santa María, posiblemente construida no século XVI. A ampliación sería  feita no s. XVII. A nova igrexa conservou o mesmo patrono antigo  San Xoán Bautista e á Santa María puxéronlle de advocación "A Virxe do Libramento".

E San Pedro da Mámoa, ubicada  ao final da excavación do Porto Seco. A única mámoa, que ten referencias escritas, como as de Ávila y la Cueva.


Non se sabe a quen pertencía esta mámoa. É posible que a un poblado galaico, que existía  onde hoxe Liñares, con un topónimo distinto, que se perdeu, pois o de Liñares provén dos musulmáns, seculos máis tarde, por semear nél liño.

Invstigando sobre esta mámoa atopei cousas moi interesantes. O non seren quen tanto cregos como o bispado , fixéono os veciños do lugar,  recollendo da tal mámoa cruceiros e pedras , reliquias do s. VI que locen    nos seus xardíns.







CRISTIANIZACIÓN  E  ARTE

Dende o s.VI ata comezos do sec. XI foron mellorando as edificacións de capelas, converténdos xa algunhas en igrexas. Hai mostras de grandes monumentos e templos de arte bizantina ou islámica. Temos preto San Miguel de Celanova do período mozárabe.

Nos séculos XI, XII  e parte do  XIII surxe a arte Románica, como consecuencia da prosperidade económica e da renovacion espiritual, que supuxo a construcción de un gran número de igexas e tamén de edificios relixiosos. Reflexa esta arte os valores da nova sociedade feudal, guerrera e cristiá ao mesmo tempo.

A Arte Románica inicióuse en Galicia coa construcción da Catedral de Santiago, comezada no ano 1075 e rematada definitivamente en Abril de 1211. Numerosas igrexas, coa mesma arte, foron edificadas en toda Galicia, ás veces polos mesmos aldeanos.. Dous grandes rasgos caracterizan esta arte::fortes columnas adosadas a un muro e arco de medio punto.

A mediados do século XII ata o s.  XV aparece unha nova arte: Arte Gótica. Uns dos seus indicios é o arco apuntado e a súa famosa "Bóveda de Crucería"

Con referencia a Taboexa as obras nas capelas pódese dicir que non existiron, ata 1530 en que deron comezo as obras da actual Igrexa, rematando no ano 1546. Disto escribirei axiña. É un tema moi interesante.
Mentres, os cregos, cada vez máis instruidos e con grandes poderes relixiosos e políticos,  esixían ós seus compatriotas a conversión ao Cristianismo.
Por outra banda, os galaicos, aferrados a antigos costumes, sobre todo a veneración  á súa deusa Cal-Leach resistíanse a tal esixencia dos cregos..
Xa escribín sobre esta deusa "Cal-Leach" a deusa terra, que deu o seu étimo a Gallaecia e Portugal, cambiando pola evolución dos tempos o c por g. Así Cal-Gal-laecia, Porto-cal= Portugal. E que, nas nonas de Agosto levaban animais para sacrificalos a deusa nas pedra onde hoxe está construida a capela de San Mamés, SANDOMEDIO, e quedaban alí  espelicando aos animais e facendo fogueiras para asalas carnes, ata o día 7 en que subía o poboado para celebrala gran festa. Aínda hoxe se sobe o día 5, conservando tal costume, pero, levando ademáis de San Mamés  tamén a imaxe da Virxe de As Neves, que se celebra o día 5, unha nova costume, inventada por algún crego para disimulalo día do sacrificio á deusa. Ver "Cristianización en Taboexa" en "As Pedras de Taboexa falan" www.taboexa.es.

Nembargante, grandes acontecementos mostraron aos nosos galaicos unha visión do cristianismo mais perfecto. Os novos templos de arte románica e gótica das que falei, a creación da Inquisición española  nos tempos dos Reis Católicos, mediante Bula do Papa Sixto IV  en 1478, foron detonantes para que os galaicos agacharan as orellas e entraran no cristianismo con fe ou sen ela. Os Reis Católicos , despois de tantas loitas para unificar España, mediante o grito dos soldados."Viva Santiago y cierra España", creron que esixindo unha sola lingua e unha sola fe, sería a norma axeitada para salvagardar dita Unión.
Portalón do Pazo da Inquisición de Corzáns
Tódolos cregos loitaban por ter un cargo no Santo Oficio.Aquí na nosa bisbarra, no ano 1688, D. Bartolomeu Barbeyto y Padrón, inquisidor xeral de Galicia, construe na parroquia de Corzáns "Un Pazo da Inquisición". O Licenciado D. Bartolomeu Fortes Ucha foi o primeiro capelán deste "Santo Oficio".

D. Bartolomeu Fortes Ucha e o seu irmán  D. Felix Fortes Ucha, crego de Cela e Zamáns, naturais de Taboexa, barrio de Altamira, foron quen construiron a capela de San Bartolomeu, na faldra do noso Monte Castro.
Desta maneira pódese dicir que Taboexa, de algunha maneira, estaba cristianizada.
E chegamos a unha data, que eu quixera que Taboexa nona esquecera endexamáis. "A data da construcción da nsa igrexa, tal como a vedes na actualidade. 1546.


=======================================================================

LUÍS  ALONSO  CARBALLO, FUNDADOR  IN  SOLIDUM  DO  PADROADO  DE  SANTA  MARÍA  DE    TABOEXA

Luís Alonso Carballo era un Señor feudal do final do século XV e comezos do XVI. Primeiro Señor do Coto de Barbeyta, tiña grandes predios aló e acó do rio Miño, porque daquela o Norte de Portugal dende Braga era galego


Era casado e tiña unha filla chamada Xinebra. Vivía coa súa familia en San Pedro de Monçao, en fronte a parroquia de Setados..
Busto da súa Dona


                                         

Busto de Luis


Estos dous bustos, que locen na fachada da igrexa,  mandounos pór o fundador aos mestres canteiros.
A súa filla Xinebra casa con Pedro Vázquez Pereira de Castro, que, ademáis de ter propiedades noutra parte do Miño, tamenas tiña nesta, sendo Señor de Porto en Salvaterra ao lado de Arantei
Alén desta unión entre a Casa Barbeyta e a de Castro houbera antes outros enlaces coas Familias Lobato e Bacelar. É posible que a dona de Luís Carballo fora unha Lobato. 

Eran por tanto catro familias feudales moi importantes tanto economica como politicamente con considerables predios tanto alén como aquén do Miño.Por iso Luís "Fundador in solidum", cando contratou cos mestres canteiros a edificación da igrexa, ordenou colocaran na ábsida os  escudos pertencentes as catro familias.

 Por orden : Os do Castro, Barbeyta, Os Lobato, e a Casa Bacelar.





LUIS  ALONSO  CARBALLO,  QUEDOU  VIÚVO  E  METEUSE  A  CREGO.

Foi ordenado sacerdote e dende Monçao foi destinado a nosa  parroquia.

Ao ver a capela, anque grande, mal feita, determinou desfacela por completo, contratou con bos mestres canteiros, e con unha boa cimentación levantaron a igrexa tal como a vemos hoxe.

Luís era moi perfeccionista, gustaba das cousas ben feitas.. Apaixonado polas artes románica e oxival, ordenou faela fachada  e a estructura exterior cos seus contrafortes,e fachada románica e no interior o arco triunfal de medio punto que da acceso ao presbiterio desde a nave.  E a famsa bóveda de crucería de arte oxival. Mandou colocar na fachada o seu busto e o da súa dona. e na ábside os catro escudos, como acabo de escribir.

Non esquzeu deixar ben aquelado o chan do presbiterio con unhas seis sepulturas para enterralos cregos, e na nave todo sepulturas a dereita e esquerda para os fieis..

Para sepultar ao seu xenro mandou preparar unha tumba no altar do Espírito Santo coa súa lousa ben pulida e gravada; menos a data da morte. Correspondíalle como herdeiro do Padroado de Santa María de Taboexa.
Anos máis tarde mandou construilo campanario.

Os pais de Pedro Vázque Pereira de Castro: Gregorio Vázque Lobato e Blanca Perira de Castro, así como a súa dona Xinebra están sepultados  en San Pedro de Monçao, fronte a Setados.

De momento non sei en donde etán sepultados Luis "O fundador in solidum do Padroado de Santa María de Taboexa" como él se fai chamar. Ignoro o nome da súa dona. Coido constará na documentación testamentaria no Museo Histórico de Pontevedra. Axiña vou a tratar este tema.

Na parte superior da fachada loce a cruz cumial

No museo de Sr. Solla en Arcade, no verán de 1957 fun nomeado cuadxutor da mesma, e tiña certa amistade co Sr. Solla poque un fillo estudiara comigo varios anos no Seminario de Tui. Polo mesmo tiven a oportunidade de botarlle varia veces unha ollada a unha morea de manuscritos, documentos de herdanzas e testamentos. O que non sabía que a meirande parte deles correspondía a esta historia. Hai anos vendeuse  o museo coa gran sorte de que a Xunta de Galicia fíxose con eles e estan gardados no Museo Histórico de Pontevedra..
Despois de varios séculos de xuntanzas matrimoniais, permutas,  e voltas que da a vida, a maior parte da herdanza pasou ao marqués de Soutomaior, que durante moitos anos tivo o padroado de Santa María de Taboexa e os seus anexos.n  E, por suposto, acadou toda esa documentación para gardala na caixa forte do Castelo. E o Sr. Solla foi quen de facerse con ela para o seu museo.

Ramón Otero Rodríguez foi párroco desta parroquia  pola década de 1950. Fora tamán cuadxutor de Arcade e coñecía tal documentación.
Escriibiu un libro que titula :Taboexa-As Neves, Historia y Arte, adicado aos veciños  da parroquia..
Para escribla historia da construcción da igrexa documéntase nos testamentos 3- 5- 22- e 18, que como escribín constan no arquivo histórico de Pontevedra.
A arte da igrexa é traballo propio, investigado e escrito dunha maneira maxistral. Para él, a arte románica e oxival, anque retardadas no tempo, non dixan de ser tales. Prolongouse a súa construcción durante dous séculos.
O meu pequeno resumo da historia foi tomado de seu libro. Anque inserto algunhas fotos , como mostra, das dúas artes, invito a todos leades a exposición que fai na súa obra..

Nunhas vacacións de verán, tiña 16 anos, fun a saudar ao párroco D. Manuel Ocampo Carrera, e levoume a igrexa para que vira as obras de limpeza de cal, sufragada por Sr. Miguel dos Pios. Estaba a igrexa chea de andamios de madeira, que chegaban ata bóveda de crucería. Fixeime nunha data, ben visible,gravada no rosetón central que daba a tribuna ou coro  1546 Era o ano da fin da obra de crucería. Pediume o párroco se podía destacar con tinta negra tal gravación para que fora máis visble. Aos poucos días estaba subido ao andamio destacando cun pincel moi fino o fondo da gravación.
Cando escribiu a súa obra D. Ramón Rodríguez Otero, afirma que él vira en varias ocasións tal data. Pero nona encontrou. Afirma que "imponderables de los tiempos la borraron" A desidia e falta de vixilancia dun crego permitiron que unha máquina a presión fixera tal desfeita. A bóveda de crucería quedou moi limpa. Pero as datas desapareceron todas.

Rosetón central da data gravada 1.546

                                        




Seguíuse sepultando dentro da igrexa. Os veciños non querían perder tal costume.
Temos que darnos conta que os nosos antergos, acostumados ás mámoas, aceptaron ser cristiáns para ser soterrasdos dentro do templo, ao acougo de Deus presente alí..
O mesmo primeiro padroado Luis alonso Carballo ordenou aos mestres canteiros deixaran ben preparado o chan da igrexa con sepulturas no presbiterio para os cregos e na nave  para os legos.
Despois de tantos séculos, a xente rexeitaba separasen aos seus defuntos do acougo de Deus.
En varis visitas pastorais os bispos instaban aos cregos que "habia que allanar el adrio". Sen darse conta que o que mandaban "allanar" eran propiedades pariculares, viñas e algo así, pegadiñas a igrexa pola parte Sur e polo Oeste. Os de Taboexa ata facían producir aos camiños, as famosas viñas altas, porque tiñan que pagar moitos foros aos Señores feudais, tanto civís como eclesiástcos.

Posiblemente Taboexa sexa un caso único en non ter adro abondo e sepultar dentro da igrexa ata moi tarde.
O bispo D. Fr Ramón García e Antón - 1865-1876- Instou a que se comezra a enterrar no adro. Máis tarde o tamén bipo Don Fernando Hue Gutiérrez volve a carga.
Foi cando se construiron os Panteóns adosados a parede da igrexa pola parte Sur, o de Don Juan Cambra , con data 1875, e o dos "Baldrazas, máis ou menos do mesmo tempo, anque  ten gravada a data de falecimento de Antonio Domínguez y Domínguez  en 1890. Naquelas datas tamén foron construidos na parte Este do templo, detrás da ábside, panteóns en serie con tres ocose cruces no remate, que fan ao mesmo tempo de muro de sostén. Hai tamén sarcófogos de cregos con datas  borradas polos tempos.
Mais iso pouco solucionou . Só os ricos podían permitirse a construcción de tales obras. Os pobres seguín enterrando dentro da igrexa e con moito orgullo.

OUTROS CREGOS EN SANTA MARÍA DE TABOEXA



DON  EVARISTO  SENRA  MARTÍNEZ



Teño unha entrada sobre este crego, Titulada " O Derradeiro Baneficio Curato". Digo "derradeiro" poque foi o último . O Concordato de 1851 dirimiu o privilexio de "Presentación de Legos".

Tomou posesión de Santa María de Taboexa e os seus anexos o primeiro de Maio de 1882, presentado polo marqués de la Vega y Armijo.

Somentes vou a escribir dél en canto aos enterramentos..

Cando chegou, enterrábase na igrexa e nos panteóns aos que acabo de referirme. Non había adro con capacidade para enterrar e de momento tiñan que seguir así as cousas.

No mesmo ano da súa chegada, 1882, cede terreos do iglesario para ampliación de camiños, entrada a igrexa e procesións, e ao mesmo tempo o actual torreiro para celebralas festas.

Polos anos 1895-1890 logrou adquirir os terreos de propiedade particular, que estaban arredor da igrexa pola parte Sur e Oeste , e cerra con muros , que perduran ata hoxe, intercalando neles cruciros do Via Crucis.
Aproveitando as obras mandou facer unha canalización desde o muíño da abadía ata o camiño. As antigas escaleiras de acceso estaban preto da porta de entrada da igrexa, rematadas nas esquinas con columnas, que sostiñan as esculturas de Adán e Eva. Por estar núas, enterrounas na tal canalización. Isto está recollido dunha tradición oral de pais a fillos, que é sostible porque non hai tanto tempo.
Desde entón comezou a esixir se enterrara no adro. pero, a xente resistíase. Tiñan os seus costumes e querían ser sepultados dentro non fóra da igrexa. De todos modos algúns obedeceron. A verdade é que D. Evaristo non podía esixir moito poque a capacidade do adro seguía sendo escasa.

Moitas voltas tivo que darlle D. Evaristo ao problema ata chegar a á determinación de que o remedio estaba en construir un cemiterio. Valéndose das súas dotes militares, ( fora capelán castrense durante sete anos), prescindindo de Sanidade, manda construir en fronte ao lado Sur da igrexa, e preto de dúas casas, un cemitero, chamado hoxe cemiterio velllo, que por certo está en bo estado e limpo. Axudárono e apoiárono moito os de Carrera, da Carrasqueira, quen levantaron ao fondo unha fermosa capela con sepulturas familiares aos lados. Debaixo do altar está sepultado D. Evaristo. Desde entón, os de Carrera, tódolos domingos do ano expoñen a súa fotografía  adornada de floreros e cirios..
Foi inaugurado este cemiterio o sete de Novembro de 1895, por ser o primeiro cadáver enterrado  Manuel Fernández Rodríguez, de 62 anos, viúvo de María Rodríguez.

Aproveitando as obras mandou facer un osario, detrás da ábside, que por certo está mal coidado e sen porta.
Os veciños que estaban preto de cemiterio pleitearon varias veces pola construcción do cemiterio ao lado das súas vivendas, pero non lograron nada.
Pero non así o pobo, que non quería de ningunha mneira perdelos dereitos e costumes de ser sepultados dentro da igrexa. E medíronse dúas forzas, a dun crego militar, que co seu ordeno e mando esixía se enterrara no cemiterio e a do pobo que se opuña, razoando que había un camiño públco, que separaba a espiritualidade que manaba da irexa. No adro aínda pasaba, pero no cemiterio era como ser enterrado nun monte.
Don Evaristo non tivo máis remedio que achantar e deixar se enterrara na igrexa, no adro e no cemiterio.
Faleceu en Xuño de 1925 e seguíase enterrando así.

DON  JOSÉ  DOMÍNGUEZ  FORTES, "O  CAMBRA".

Foi ecóno da parroquia despois da morte de D. Evaristo.

E o que parecía tan difíil de convencer a xente  que non enterraran dentro da igrexa, logrouse sen esforzo algún.Un bando da segunda república do 1931, en vista de ter cemiterio parroquial, prohibía sepultar dentro do templo, ameazando con elevadas sancións. Desde entón deixouse de enterrar na igrexa..

Teño tamén publicada unha entrada
sobre  "O Cambra", que por certo,
é a máis visitada
Agora entendo o que vin  na Misión, predicada polos PP. Redentoristas, na que fixen  a primeira comunión. A igrexa estaba chea de xente. Velliñas coa súas zamancas e "o picote" que as tapaba de pés a cabeza, axeollábanse cada quen nas súas sepulturas, e choraban pos seus paiciños e as súas naiciñas.Visto o que acabo de explicar, somentes había 12 ou 15 anos que foran enterrados
"O picote" era como unha pequena manta, tecida nos teares caseiros con forte fío de liño e trapos retorcidos.Remataba  cunha capucha tecida xa con tea de fío normal.. Tenguíano de negro e era moi cómodo porque púñano sobre a roupa de traer, tapándoas por completo.

Faleceu  D. José o 2 de Febreiro de 1941 aos 57 anos, víctima de unha depresión por problemas da guerra Civil.. Un home todo corazón e bondade para todos.

Como bo taboexano, levaba  nas venas o sentir dos seus paisanos. Tendo no cemiterio un  panteón famiiliar,"O dos Fortes", preferiu ser sepultado no panteón do seu bisavó D. Juan Cambra, como indicando que ao non ser dentro da igrexa, polo menos arrimadiño as paredes dela.




DON  MANUEL  OCAMPO  CARRERA.


Despois de D. José foi nomeado de ecónomo D. Manuel Ocampo carrera, do que teño escrito xa neste estudio para manter certa orde nos acontecementos.
Pedíulle a miña nai para que fora sacristán o que aceptei moi contento. Tiña preto de 10 anos. Isto ven ao caso,  para contar dous grandes feitos dos que fun testemuña e naide sabe.
Un día de semana (non sei por qué motivo fun a igrexa), encontrei pedreiros  levantando as lousas no presbiterio. A obra era  sufragada por Sr. Miguel dos Pios.

Nacín co don de observalo todo e buscalo  por qué. Conservo recordos desde os tres anos. Dinlle mil voltas a obra dos presbiterio e non lle encontraba explicación. Aos poucos días encontrei a resposta. Reparei que os canteiros xa tiñan separado a mitade do firme. As lousas quedaban perfectamente colocadas pero a forma de sepulturas que en elas había para enterrar ós cregos desaparecera, quitando a pedra do medio que tiña unha argola. D. Manuel tiña fobia as sepulturas dentro da igrexa.

 

Debaixo do ventanal do presbiterio, hai unha oquedade,  chamada "a capela maior do presbiterio" Eu vira unha especie de sarcófago", case a rás da terra. Sempre crín estaba alí sepultado un crego. Rematada a obra observei que desaparecera. Pero altearan o sitio con pedras facendo unha especie de altar, tal como se pode ver hoxe, deixando as cinzas do sepultado, dentro.


Sempre crin que este sarcófago que estades vendo na foto, que está entre a porta da sacristía e a porta lateral da igrexa pola parte Norte era o que eu vira na capela maior do presbiterio. Pero investigando ,  agora sobre este traballo, queda totalmente descartado. Como vedes remata en un pedestal cun oco para a cruz. E nas igrexas non estan permitidas as tumbas con cruz.. Para mín os canteiros altearon con pedras sobre a campa da tumba, facendo o altar que máis arriba vistes.

Investigando sobre un tema no Arquivo Histórico da Catedral de Tui, encontrei por casualidade esta partida de defunción:

" "En 21 de Diciembre de 1779 falleció el prebítero D. Bartolomé González Fortes, prebítero, sepultado en la capilla mayor del presbiterio el día 22.Firma Diego Barreiro y otro"

D. Bartolomé González Fortes era primo carnal do fundador da Escola Baldeira, DOMINGO GONZÁLEZ ALONSO DE CASTRO, casado, natural de Taboexa e veciño de Segovia, quen o 11 de Setembre de 1755, desde a Cidade de Segovia, dona todo o seu patrimonio para tal fundación, manutencion do inmoble e do mestre.. Nomea na tal  escritura fundacional, como primeiro mestre a este seu primo D. Bartolomé, capelán da capela de San Bartolomeu.. Conseguín moita documentación no arquivo Histórico de Pontevedra e copias literais no de Segovia. Somentes me falta investigar qué facía en Segovia, e por qué, estando casado, donou toda a súa fortuna para dita fundación.

Outra cousa importante descubrín nos tempos aqueles de sacristán. Pasado un mes de rematadas tales obras no prebiterio fun a cambiar o mantel da dita capela do EspíritoSanto. Era o encargado de por flores . manteis, barrer e cousas desas. Cal foi a miña sorpresa, que estando aínda as paredes e bóveda rociadas de cal, a campa estaba limpa anque rugosa e sen pulir, como se lle deran a volta .
Mandara facelo D. Manuel para improvisar un altar, e alí colocar unha imaxe do San Miguel Arcanxo, doada por Sr.Miguel dos Pios.. Desta maneira pretendía agradecerlle o sufragalas obras anteditas.
Ao facer este traballo, recordando a tal pedra que eu vira, fun a sacarlle unha foto, e encontreime con isto:
Un crego, posiblemente D. Antonio Veiga, para disimulalo  tosco da lousa, que eu vira, mandou facerlle esta capa de cemento blanco.
Desde 1875 ata preto de 1890, estivo de ecónomo nesta parroquia.


Non me gusta falar mal de naide, porque erros todos cometemos e cada quen ten que pagar polos seus. Pero os dél foron tan raros e tan graves, que pódese dicir que nunca debeu pisar Taboexa.

Vou a falar dél somentes en canto a este traballo concerne.

Home dominante e orgulloso, destos que cré que os da parroquia son ignorantes e él é o rei.

Aproveitándose da empresa de seu pai "Construcciones Veiga,, fixo obras na igrexa, que non se lle ocorre a naide , sen contar co permio do bispado nen co parecer dos veciños da parroquia,quen, vendo a improcedencia das obras, se negasen a pagar,montou en cólera e vendeu o muíño do crego, patrimonio histórico parroquial e o mellor campo do igresario, que o non pór no bando de pública subasta a cláusula " o vendedor resérvase a non adxudicación en caso de que o puxante non cubra o valor real do mesmo", tivo que cedelo a moi baixo precio.Todas estas obras e vendas fíxoas sen permiso do bispado.
Os vecños da parroquia non denunciaron o caso por estar un pouco afastados da igrexa, sentindo que, dede hai anos o bispado ten esquecidas as parroquias rurais.
Deixemos que D. Antonio Veiga se explique.


Don Antonio non explica en qué consistiron as obras da igrexa, somentes que co diñeiro que fixo de tales ventas  puxéronse  tamén cepos novos ás campás, e fixéronse reparacións na casa rectoral, obras que por certo especifca moi ben en qué consistiron.



Estas foron as obras que fixo D. Antonio Veiga, aprovitando a Empresa de seu pai "Construcciones Veiga".
Non se lle ocorre mellor cousa que cubrir as sepulturas da nave dos fieis con polvo de granito con cemento e divisións metálicas con un remate pulido, obras que se fan dun tempo para acá para para pavimentar o chan dos hospitais, salóns de festas, bares e outros sitios públicos.  
Obra innecesaria. O que fixo foi cubrilo más bonito do chan da igrexa, as sepulturas de pedra, que ía co estilo Románico Oxival da igrexa.
¿Qué lles parecería ao Bispado se "Construcciones Veiga" chegara a Catedral de Tui, disposta a facelo mesmo?.
Pero cando o problema da campá, sí que os vecños axudaron, por considerar un ben necesario. 
Outra porcallada  de Veiga podédela contemplar no chan da entrada da igrexa, fronte a fachada.



Pavimenta o chan da entrada con cun marabilloso recordo histórico da nosa parroquia, a Santa Misión dos PP Capuchinos, con data de 1917.. Tendo na parte sur da igrexa sitio para pendurala, pona no chan  e según verbas que eu mesmo lle escoitei, contestando a distintas queixas dos veciños, para ser Pisada.

UN  ROGO MOI IMPORTANTE

A modo de rogo, expoño eiquí  o meu desexo de que O Bispado, e  Xunta de Galicia teñan a ben observar in situ a desfeita e aquelalo  que este home se atreveu a facer.