lunes, 3 de septiembre de 2012

"EN RUBIÓS NACEU XOSÉ GIL, 2ª PARTE"


Rematamos a primeira parte coa tremenda dor da familia Gil-Sarabia pola morte da súa filla, María, soterrada no cemiterio de Pereiró, e o Monumento Funerario, labrado polo famoso artista Asorey, quen inspirado pola consternación que lle supuxo o pasamento de María, filla do seu amigo Gil, puxo todo o seu empeño de artista en esculpir unha da suas mellores obras, como regalo póstumo a nova artista falecida.
Hai quen escribiu que José, o cuñado de Gil, falecido de tuberculose pulmonar no ano 1907, puido contaxialas súas sobriñas. Eu coido máis ben foi unha epidemia daquela época, que asolou a toda Galicia.

No ano 1920 a tuberculose ocasionaba na Nosa Terra o 82/% das mortes, e en 1930 a mortandade pola devandita enfermidade era de 140-160 por cada 10.000 habitantes.

O prestixioso tisiólogo de Vigo José Ramón de Castro reclamaba a urxencia de construir sanatorios e pedíalle a Sanidade fixera publicidade para mellorala alimentación.


A vacina BCG en 1920 foi a gran esperanza para moitos enfermos..
Fleming en 1929 observou propiedades antibacterianas en algúns mofos ou fungos e de alí a pouco descrubiuse a Penicilina, máis tarde a Streptomicina... a Rifampicina, e aída hoxe se están investigando novos fármacos e vacinas sintéticas para afrontar con garantía o reto da loita contra a tuberculose no século XXI.

Gil Levou a Rosita e Pepita para que foran recoñecidas polos tisiólogos, quen lle recomendaron as levara a balnearios. Estaban contaxiadas. Daquela, a lepra e a tise eran enfermidades arrepiantes, marcaba ás familias que as padecían. Polo mesmo, mantíñano en segredo. Coido que as fillas de Gil morreron posiblemente sen saber que tiñan tal contaxio



Manuel Álvarez Rodríguez 

Todos lle chaman Manuel d´Amaro, polo nome de seu avó. Solteiro e só, vive no Barrio do Couto de Rubiós. Home moi activo. Sempre co seu tractor, o mesmo percorre os altos montes para contemplar "O Cruceiro de Don Pedro" ou "A Fonte das Barbas" e máis gravados, ou vai sulfatalos seus viñedos das máis exquisitas variedades de pedral, retinto e alvariño. A Bodega de "Coto Redondo" dedica co seu nome un lote de embotellado da colleita 2011 en homenaxe aos seus socios por manteren o cultivo tradicional das variedades autóctonas durante moitos anos.



Resalto aquí a figura de Manuel. porque me aportou moita información e documentación para este traballo. Él é sobriño de Antonio, o noivo de Rosita Gil Sarabia. Os baúles da súa casa estaban cheos de cartas e fotos daqueles tempos. Malia a perda de case toda esa documentación por descoido de familiares, Manuel algo chegou a conservar e teno como verdadeira reliquia.

Non ten televisión nen teléfono. Pero a casa está chea de encilopedias e libros de actualidade, amén de revistas e recortes de Prensa de tempos antigos. E me conta cousas así: "Eu vou moito a Vigo, a Casa do Libro, pero gústame máis Librouro"...."Desta enciclopedia xa lín sete tomos... fáltame o octavo". E quedas abraiado fitando para él....Ademáis conserva todo na memoria, o mesmo che fala de Mozart ou Beethoven, como da Guerra de África. E de Rubiós non esquece feitos de hai un século ou máis.

Ás veces, o exterior das persoas agocha a riqueza enorme que aniña no seu interior.
Dende aquí dou as grazas a Manuel de Amaro pola aportación e axuda prestada.



"Cuidado no te arañen" escribe Rosita no anverso desta postal ao seu noivo de Rubiós, Antonio Álvarez Rodríguez, que entón estaba cumprindo o servizo militar en Zaragoza, Quizáis Rosita escollera esta postal pensando nas tres irmás que creceran xuntas ata morte de María.




"Apreciable Antonio: Creo tendrás en tu poder mis dos cartas. Estoy impaciente por no tener carta tuya. Hoy en el tren de las 6 de la tarde salimos para Salvatierra a pasar dos meses de veraneo, pero tu escríbeme a la direeción de Josefa Montes, hasta que yo te avise, pues ella me las manda a mí. Escríbeme amenudo aunque sean solo dos letras. Pasado mañana puede te escribiré. Recuerdos de Pepita y de tí se despide tu ROSA. Vigo 27-8-1921".

Tiña Rosita, entón, 19 anos, e Pepita, 15.

A súa nai, Doña Trini, non quería que namorase con Antonio. Era pobre e desexaba algo mellor para a súa filla. Acudiu a cregos, para que lle quitaran iso da cabeza, pero Rosita non facía caso. Din que, antes de ir ó servizo militar, Antonio foi a Vigo a entrevistarse con Xosé Gil, que debeu obter bo concepto dél, porque lle dixo á súa muller: "Será pobre... pero a mí me parece un excelente muchacho".

Conta Rosita que viña a pasar dous meses de "veraneo" . En realidade viña enviada polos tisiólogaos en busca de unha posible curación da tuberculose que padecía. Foi empeorando e no primeiro de Xullo de 1922 falece no seu domicilio, rúa Príncipe, 49, Vigo, aos 20 anos de idade. (Rexistro Civil de Vigo, folio 071, núm. 390). 



Busto de Rosita (Camilo Nogueira)Cemiterio de Pereiró. 

Máis tarde escribirei do conxunto escultórico de Camilo Nogueira (1904-1982) e o poema de Xosé Gil, esculpido polo ano 1932. Asorey estaba daquela na Coruña.

Os laios volven a repetirse na familia Gil-Sarabia e os amigos máis achegados.

Di Manuel, que cando seu tío, Antonio,  se enterou da morte de Rosita, a súa noiva, levou un gran desgusto e axiña escribiu a Xosé Gil, dándolle o máis profundo pésame.
O Batallón de Zaragoza, onde cumplía Antonio o servizio militar, foi expedicionado á África, para defendelas colonias españolas, onde foi sorprendido por un forte ataque por parte dos mouros, e houbo unha gran masacre, peor que na guerra de Cuba. Calcúlanse unhas 10.000 a 12.000 baixas no exército español.
O 5 de Xuño de 1921 comezaba a catástrofe co abandono do Monte Abarán. O Xeneral Silvestre resistiu co seu estado maior en Annual e pediu reforzos que nunca chegaron. No 20 de Xullo de 1921 o noso exército iniciou a retirada. O pánico, a indisciplina e o ataque dos mouros  xeraron unha catástrofe sen precedentes nas nosas guerras coloniais.
Antonio salvouse. Estivo no 1924 traballando en Lisboa no restaurante de seu cuñado Francisco Álvarez Pérez, e en 1925 emigrou a Bos Aires.

Antonio e Emilia
Casou con Emilia Mide Álvarez, da que tivo un fillo, chamado Armando, que é avogado e aínde vive na actualidade..Tivo un alto cargo na Aviación Arxentina. Disto fala meu primo José., que foi empregado no seu taller.


Meu primo marchou de rapaz para Arxentina, botou alí toda a súa vida e agora, emigrante retornado, vive en Rubiós tamén no barrio do Couto.
Conta  que Antonio era moi estudioso, tiña un gran afán de superación, ía a cotío ás academias e dominaba o Inglés. Todo eso facultoulle para chegar a dirixir un taller na provincia de Córdoba, onde traballaban 25 empregados, facendo pezas para a Marñna e Aviación arxentinas. Morreu ós 74 anos de un problema intestinal, posiblemente o tifo.
Dona Trini trabucárase con Antonio. Nesta vida, non son os cartos, é a persoa quen chega a valer, se ten o afán de superación, como no caso de Antonio.
Xosé Gil, triste e deprimido, seguía traballando. Tiña que ganalo sustento diario para o resto da súa familia.
Pero os médicos recomendáronlle, que se quería salvar a súa terceira filla, Pepita, tiña que sair de Vigo. Deixou aos cuñados ó cargo do deu taller da rúa Príncipe 49, e desprazouse a Ponteareas., establecéndose na rúa Costa de San Gregorio, número 6..
                                                                                                                                                                                                                                                                                                 
Costa de San Gregorio, Número 6
En 1665, D. Juan Sarmiento de Otáñez, abad das freguesías  de Setados, Liñares e os dous Canedos, San Miguel e San Vicente, atendendo a peticións, mandou construir unha capela baixo a advocación de San Gregorio, que sería bendecida e habilitada como cemiterio o 27-2-1659 e daría lugar ao desenrolo da actual parroquia de San Miguel, creada o 9-11-1777.
Ese é o motivo polo que, aínda hoxe, séguenlle chamando a Costa de San Gregorio.
Xosé Gil inaugurou nesta casa "a sala de Proyeccións Royaltty", afanouse na creación documental e fundou a súa derradeira empresa "Galicia Cinegráfica".Rodou numerosas películas sobre a Vila do Tea e a súa bisbarra, principalmente Mondariz:.  La Fiesta de los Remedios de Ponteareas, "Actualidades de Ponteareas", "Partido de fútbol Comercial Vigo-Ponteareas", "La Semana Santa en Ponteareas", "Balneario de Mondariz", "Médico Maximino Rodríguez".
Pero, a fatalidade, séguelle xogando malas pasadas. No 30 de Maio de 1924, ás 19 horas, falecía a súa terceira filla, Pepita, no seu domicilio Costa de San Gregorio, Praza Maior, de Ponteareas, a consecuencia de tuberculose pulmonar.Foi soterrada no cemiterio de Ponteareas. (Rexistro Civil de Pontareas,Folio 343, núm. 6612.).
Busto de Pepita (Camilo Nogueira- Cemiterio de Pereiró)
Hai escritores que din que Gil retornou  para Vigo no 1927. Eu coido, que, morta a filla, retornaría axiña , para atender ao seu taller e para, en certa maneira, escapar do escenario da morte da súa derradeira filla. Máis tarde voltaría para levalos seus restos para o Cemiterio de Pereiró.
"El Tea", Semanario científico independiente, que se publicaba en Ponteareas, naquel tempo,  menciona a Xosé Gil e a morte da súa filla, no 4 de Xuño de 1924..
Sobre Xosé Gil: "En la importante fotografía de José Gil, de esta villa, se está haciendo una hermosísima ampliación de una fotografía del digno presidente del Directorio Militar Excmo. Sr. Miguel Primo de Rivera, la cual se destina  al Ayuntamiento de Mondariz, en cuyo salón de Sesiones se exhibirá por unánime acuerdo de aquella moderna corporación".
E somentes fai un anuncio, pouco ponderado, da morte da súa filla: "Ha fallecido en esta villa la señorita Josefa Gil, hija del notable fotógrafo del mismo apellido".
Tiña razón Antonio José Groba Diéguez, licenciado en Geografía e Historia, arquiivista do Concello, ao contarme cousas de Xosé Gil, a súa estancia na Costa de San Gregorio, indicándome a casa onde proxectaba as súas películas, que aínda hoxe está en pé, e que malia o seu traballo artístico na vila do Tea durante unha gran tempada, Ponteareas non  lle deu o agasallo que merecía..
Tamén conta Tucho, que Gil, por estar demasiado exposto ao nitrato de prata no seu laboratorio, e moitas horas na escuridade,colleu unha enfermidade da pel, por falla de vitamina C.. E no campo da súa prpiedade, enfronte a súa casa de Rubiós, expúñase nú aos raios solares, en primavera. Os veciños rodeábano con bonecos de herba, que ademáis de escondelo, axudaban a crear un ambiente de irradiación solar. Daquela non había estrada, entre a casa e o campo existía un camiño estreito.
Mortas as tres fillas, profundamente deprimido, pasaba tardes enteiras proxectando  para velas nos filmes..

No ano 1927 comezou a rodar "Galicia y sus reyes", "Nuestras Fiestas del má allá" "Las bellezas de Galicia"; "Notas industriales y Comerciales de Vigo", "Bouzas", "Panoramas de Santa Tecla", "Canido y sus alrededores", "Tuy", "La Factoría de Albo".


Sería no ano 1932 cando Gil encargou a Camilo Nogueira engadira ao Monumento Funerario de Asorey esta placa de bronce cos bustos de Rosita e Pepita, e o seu propio poema. É triste tal poema, como tristes foron os seus derradeiros días da súa vida. Estas flores non foron postas para a foto. Como dixen, tódolos días, amigos do Monumento Funerario, adícanlle frescas rosas.
Na placa de bronce, Nogueira.non deixa de resaltar, debaixo dos nomes Maruja, Rosita  Pepita, a medalla da Virxe, que pendura no peito de María..
A sala Cine-Teatro do seu amigo Pinacho ardera no 1923, e Gil solicita do Concello de Vigo algún solar para proxectar as súa películas, recibindo a calada por resposta.
Malia a súa popularidade, cando as catro deputacións galegas patrocinaron a que foi a primeira longametraxe documental realizada en Galicia con fondos públicos "Un Viaje por Galicia 1929", fíxéronlle a proposta a empresa madrileña de Luís Rodríguez Alonso, o que motivou a protesta de Gil na prensa:
"Lamentamos que nos sustituyan por personas o empresas que ni son gallegas ni sienten amor por Galicia. Así se explica que se emigre, viendo como otros ajenos nos suplantan".
A irrupción do cinema sonoro en 1930 foi a causa definitiva do seu final como operador e empresario cinematográfico.
Mesmo así, filmou o seu derradeiro documental "La Península del Morrazo" en 1935.
Pero, ao verse sen fillas, totalmente deprimido, e abandoado, malvende a súas pertenzas, deixa os seus domicilios de Príncipe e Carral, sendo recollido polos cuñados en Elduayen, 30, onde falece o día 1 de Xaneiro de 1937, ás 14 horas, a consecuencia de hemorraxia cerebral. (Rexistro Civil de Vigo, folio 9  , Núm  1142)
Así o expón Faro de Vigo, o día tres de Xaneiro de 1937.


A súa dona Trinidad e os seus cuñados tardaron bastantes anos en falecer. Non é a miña intención resaltar neste traballo a documentación dos "Irmáns Sarabia", que foi moi importante. Pero teño ganas de insertar unha foto deles moi interesante, onde coinciden no Berbés o tren e o tranvía.
Vigo adicoulles tamén a estes dous irmáns Sarabia unha rúa na praza da Miñoca.
Trinidad Sarabia González, Dona Trini,  falece  no domicilio de seus irmáns, Elduayen, 30-sendo as 17 horas do día 29 de Xaneiro de 1954, ós 82 anos, de derramo cerebral. (R. C. de Vigo, folio 174 núm. 52).
Seu irmán Enrique morre no Hospital Municipal, por fibrilación ventricular ás 22 horas do 9 de Setembro de 1959. Tiña 77 anos. (R.C. de Vigo , Tomo 00111, pax. 232V-núm. 490).
Queda Constante, tamén pobre e abandoado. Despois de vendela casa de Gil, en Rubiós, para poder subsistir, falece o 23 de Marzo de 1966, tamén ás 17 horas. Contaba 72 anos de idade. (R.C.Vigo, tomo 00003, páx. 096, núm. 79).
E así terminou a familia Sarabia, sen descendencia, tanto en Taboexa como en Santa María de Castrelo, en San Xoán de Río, Ourense.

.      Na actualidade, o Concello de Vigo tenlle adicada a Xosé Gil unha rúa, na praza da Miñoca.

O Concello de As Neves, adicoulle tamén, o día das Letras Galegas, o 17 de Maio de 1995.

            
     


O Concello de As Neves, nunha nota de Prensa, dá as grazas a "Foto Vigo", da cidade de Vigo, por prestarlle esta cámara de Cine, que usara Xosé Gil.
Dedicoulle este mesmo día unha rúa.. Ten a placa na parede da Biblioteca.

Na conferencia, Manuel González Álvarez, recalca que as películas de José Gil son de nitrato de celulosa, un material que ten un máximo de 100 anos, e que o Centro Galego das Artes e da Imaxe se está preocupando pola restauración de algúns dos seu Filmes. Gil rodou arredor de 150 películas.

&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&
Debo ser agradecido aos que colaboraron comigo neste traballo.
Á Manuel Álvarez Rodríguez, máis coñecido como "Manuel  D´Aamaro", polo seu valioso aporte de documentación e información, e tamén a Cándido Rodríguez Méndez e a meu primo José Álvarez Pérez, os tres, veciños do Barrio do Couto de Rubiós.
Á Salvador Alonso Chaves, "Salva", administrativo do Concello de As Neves, polo seu apoio, información, axuda e copias facilitadas.
Ao persoal dos rexistros civís de As Neves, Ponteareas, Vigo e Ourense pola amabilidade de trato e interese que amosaron en facilitarme a documentación solicitada.
Aos mes caros amigos Xoán Martínez Tamuxe, pseudónimo de Juan Bautista  Martínez González, ( O Rosal 29-11-1930), historiador, arqueólogo  e investigador, e a súa dona Digna, por animarme a escribir e aportarme documentación ao respecto. Sen esquecerme de José Álvarez Alonso, " Buraco", gran coñecedor das terras  da  Pobra de Trives, San Xoán de Río... quen  nos levou certiño á Parroquia de Santa María de Castrelo.
Agradecer tamén a Avelino Bouzón, director do Museo Histórico Diocesano- Catedral de Túi-, e a Roberto por facilitar a documentación coa prontitude e amabilidade de sempre..
Non podo esquecer a Dolores Vázquez Domínguez, "Lola", irmá de D. Manuel, o anterior párroco de Santa María de Castrelo, pola pronta e amable axuda en amosarnos  a casa de "Amable", onde naceran os irmáns Sarabia-González, Grazas a éla poidemos falar cos veciños e coñecer a Benjamín, un descendente de Amable.
Debo recordar e agradecer aos empregados do Cemiterio de Pereiró en Vigo e aos da Oficina de Cemiterios do Concello polo interese e amabilidade en facilitar datos.
A Rafsél Salgado, polo seu libro "Achegamento á Historia  de Fotógrafos en Ourense" e o seu blog  "Ourense no tempo"., onde fala abondo de Xosé Gil.
A todos aqueles que escribiron verbo o noso protagonista.
Agradecer a Sonia García Longa,Secretaria da Dirección de Faro de Vigo, SAU, por enviarme copias de páxinas do  3 de Xaneiro de 1937 en que faleceu Xosé Gil, coa a esquela e nota necrolóxica.
E, por suposto, estou moi agradecido a miña esposa Rosita González Rodríguez, que me afoutou sempre a que escribira, e foi e segue sendo a infatigable acompañante nas viaxes de investigación, que foron moitas. Sen esquecerme dos meus fillos Alejandro, María e Silvia, que sempre me están apoiando.
GRAZAS A TODOS.
E UN AGARIMOSO SAÚDO AOS MEUS LECTORES.                                                         

4 comentarios:

  1. hola Alejandro, felicidades por el excepcional trabajo de investigación que has realizado.
    desde luego que puedes utilizar mis fotografías,

    Si me envías un Mail a mi dirección ourensenotempo@hotmail.com podría comentarte algún dato que te falta.

    El martes próximo en una entrada de mi blog te citare, para que los que lo deseen visiten tu blog para ampliar información sobre don José Gil.
    Un saludo
    Rafa Salgado

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Amigo Rafa: Agradezco mucho los elogios que haces de este trabajo y la publicidad del mismo en tu extraordinario Blog.
      Un saludo. Alejandro.

      Eliminar
  2. Impresionada, absolutamente impresionada.
    Estaba buscando información porque desde hace tiempo una de nuestras mayores ilusión es recurar imágenes, historias de las parroquias de Tortoreos y Liñares.
    Con motivo de la celebración del centenario del Colegio de "las monjas" intentaba recopilar información sobre uno de los alcalde de As Neves para etiquetar unas fotos.
    Me gustaría enlazar algunas de tus entradas desde nuestro blog pero para ello no he encontrado como contactar contigo para solicitar tu permiso.
    Gracias por tu enorme aportación. Arantxa

    ResponderEliminar
  3. Estimada Arantxa: Hace unos días leí vuestro blog y tenía pensado felicitaros por ello; aprovecho ahora la ocasión.
    Sí que puedes enlazar,y usar fotos o lo que quieras. Yo no pongo trabas
    Mi blog: "As Pedras de Taboexa falan" http://www.taboexa.es
    Mi correo: almigueza@gmail.com
    Sobre alcaldes acabo de publicar "D. Manuel García Golmar", último alcalde del Ayuntamiento de Setados y primero del de As Neves.
    Saludos. Alejandro.

    ResponderEliminar