A teima dos Reis Católicos era unificar España. E conseguírono coa conquista de Granada, Navarra, Canarias, Melilla etc.Apoiados polas cidades e a pequena nobreza, estableceron unha monarquía forte, fronte as apetencias de poder de eclesiásticos e nobres.
Despois da reconquista, creron que o mellor para unificar a España dunha vez, era esixir unha soa relixión e unha única fala.
En 1478 fundaron a Institución do "Santo Oficio" ou a "Inquisición Española", para mantela Ortodoxia Católica nos seus Reinos.
Tiñan problemas coas linguas vasca, catalá e galega. Pareceulles que meterse con Galicia era máis doado e así o fixeron. Despois de cortar cabezas a algúns nobres, que defendían a independencia do Reino Galego, para impor medo e obrigar a Galicia a someterse a Castela, metéronse coa nosa fala. Mandaron de Castela a bispos, gobernadores, xuices e escribanos coa fin de obrigar a que os nativos falaran a lingua castelá.
E case o logran. A xente para medrar comezou a expresarse en castelán. Chegaron tempos que falalo galego estaba mal visto. E ata os mesmos galegos se avergonzaban da súa lingua.
E asi comezaron os séculos escuros do noso falar.
Grazas as "Lareiras" de Galicia non se perdeu a nosa Lingua. Así como entre a borralleira se esconden as brasas e ó abanar se prende o lume de novo, así nas noites de inverno os avós, cargados de historia, narraban contos a nenos e maiores no noso puro idioma. A familia enteira seguía falando galego. Eso sí, se tiñan que conversar co alcalde, co crego ou con calquera autoridade, non tiñan máis remedio que expresarse en castelán.
E non creades, que isto pasou hai moitos anos. Eu mesmo, no ano 1948, fun castigado na hora do recreo, no patio do Seminario de Túi, a estar unha hora de rodillas a carón da parede, por falalo galego. Quen me castigou foi D. Luís Barandiarán, un vasco, o que aínda hoxe non chego a comprender, porque os vascos son moi conservadores da súa fala. O bispo de Túi, Fray José López Ortiz era madrileño. O rector do Seminario D. Federico Rasilla y Portilla, de Santander. D. Luís Barandiarán, vasco. E outros superiores máis. Como vedes proseguia a imposición de Castela. De ahí, que no dia de hoxe, anque se ven sacerdotes celebrala misa e pregar en un galego normativo, a maior parte seguen facéndoo en castelán e dándolle un ton e acento como se foran extranxeiros e acabaran de vir de Castela.
Recuemos na historia. A partir da segunda metade do século XVIII xorde a curiosidade científica pola lingua galega que comenza a ser reinvidicada por algúns eruditos como Feijoó e Sarmiento.
Durante o século XIX o goberno central trata de acadala unidade linguística en todo o territorio español impoñendo o castelán como lingua oficial. No ano 1902 aparece un Real Decreto que prohibía o uso de linguas minoritarias na escola. Coa dictadura de Primo de Rivera segue esta prohibición, pero xa refiríndose explicitamente ó galego, catalán e euskera.
Como consecuencia da agresión do goberno central ó noso idioma, empeza a agromalo sentimento rexionalista de carácter popular, capitaneado por Alfonso Brañas, e na lietratura a obra de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos en 1863, e Murguía: "Aires da miña Terra " de Manuel Curros Enríquez e "Queixumes dos pinos" de Pondal. Hai que destacar despois ós homes da "Irmandade da Fala" e "Xeración Nos".
E aquí nos sorprende este home, que escribiu o noso conto "A Espada do Fidalgo de Taboexa". Lugrís naceu e viviu para defendela nosa lingua perante toda a sús vida. A súa obra tan intensa, non é doado resumila sen omitir parte dela.
Naceu na parroquia de Soñeiro, concello de Sada, na Coruña. o 11 de febreiro de1863, e finado na Coruña o 15 de de febreiro de 1940. Foi un escritor e galeguista, director ou cofundador entre outras moitas, da Escola Rexional da Declamación, da Real Academia Galega, das "IRMANDADES DA FALA" ou do Partido Galeguista. Foi o pai do pintor Urbano Lugrís González.
Os seus pais tiñan un almacén de sal no porto da Coruña, pero perdérono por problemas administrativos. Manuel tiña que ir andando dende a súa casa de Soñeiro a Oleiros a estudar.
Emigrou a Cuba, ós vinte anos, chamado polo seu irmán Plácido.Por iso a él lle dedica o conto do Fidalgo de Taboexa. Alí traballou como contable na firma Otamendi Amiel, formou parte do Centro Galego dende 1884 e foi o director e fundador do primeiro xornal americano, redixido integramente en lingua galega, chamado "A Gaita Galega".
Voltou a Galiza en 1896 acompañado da cubana Concepción Orta Iglesias. Instalouse na Coruña. Ingresou na Sociedade Anónima "Aguas de la Coruña", da que foi socio accionista e primeiro empregado. Relacionouse con rexionalistas coruñeses, como Murguía e Pondal
En 1898 naceu a súa filla Socorro e morreu a súa muller, o que lle causou unha forte depresión. No 1902 casou con Purificación González Varela, coa que tería cinco fillos.
En 1904 participou na fundación da "Asociación da Prensa da Coruña" e en 1906 da "Real Academia Galega" Foi o primeiro en utilizar o galego nun mítin en Betanzos o 6 de Outubro de 1907.
No 1908 pasou a ser membro do Consello Redactor "Da Nosa Terra", publicación na que aparecerían desde o primeiro número- 4 de agosto- unha serie de contos populares baixo o título xenérico de "A carón do lar" Ahí escribe o noso conto " A ESPADA DO FIDALGO".
Publicou relatos curtos:"Asíeumedre", Éste era un dos seus pseudónimos preferidos.Unha gramática do idioma galego. O 28 de abril de 1934 foi nomeado presidente da Real Academia Galega. No ano 1930 dedicáronlle unha rúa na súa vila natal.
Pois vamos alá co seu conto sobre Taboexa. Escribíuno hai máis de cen anos. Temos que darlle as grazas a Edit. Boreal, da Coruña, pola súa reedición.
MANUEL LUGRÍS FREIRE |

Non cabe dúbida que Lugrís coñecia Taboexa. Non é tan doado saber cómo. Eu coido, que seus pais, terían un almacén de sal en Ponteareas, e é posible intimaran cos Sarmiento, que tiñan dous pazos en esta parroquia, como relatei na 2ª parte do "Lugar do Couto" Hai a posibilidade foran invitados a comer algún día nestas quintas, e Lugrís, de neno coñecera Taboexa. Tamén é posible seguira vindo de maior.
No conto fai referencia a guerra civil portuguesa, esixindo a súa independencia., e pon data exácta o 7 de setembro de 1858. Efectivamente, o reinado de Pedro V rematou tráxicamente ese ano. ante unha forte depresión por la morte da súa muller e tamén a resultas dunha forte epidemia, morrendo ós 24 anos, o rei máis amado polo seu pobo.
Aproveitou Castela para ir a guerra para acadar a posible conquista de Portugal.
A este castelo fai referencia Lugrís.. Está situado na parroquia de San Salvador de Castro de Ouro, no concello de Alfoz, provincia de Lugo Foi construido enriba dun antigo castro, que estivo ocupado ata o sáculo I d C.. Está situado na marxe dereita do río Ouro. No século IX fúndase un mosteiro sobre os restos do asentamento, e no XI pasa á diocese de Mondoñedo. No século XIII é un mosteiro de carácter totalmente militar. Pardo de Cela era o seu dono. cando no século XV morre , axustizado polos Reis Católicos en Mondoñedo en 1483. En 1546 volve a ser residencia episcopal de Mondoñedo.Foi abandoado no século XVII, no ano que afirma Lugrís 1682, en que os veciños reclamábano como seu propio .A finais do século XIX é ocupado polo Concello de Castro de Ouro e na actualidade funciona como punto de información turística.
E remato con un conto, que non é tal, é historia, de Manuel Lugrís Freire, cando, estando en Cuba, foi co seu amigo Cesáreo, tamén natural de Sada.ó Teatro de Tacón a ver a Chané. Cesáreo falaba castelán, e ridiculizaba a Lugrís por ser demasiado galeguista. Lugrís firmaba con pseudónimos os seus traballos literarios, o que máis usaba era "Asieumedre". Por iso Cesáreo cando fala con él, neste conto, lle chama "Asieumedre".
.
Quíxenvos engadir este relato de Lugrís porque coido é emocionante.
Pódese consideralo século XX, como propenso ás reinvindicacións do noso idioma. Hai que
destacar os homes da "Irmandade da fala", a "Xeración Nós", ó "Seminario de Estudos Galegos", ó "Partido Galeguista, á Editorial Galaxia" e á "Revista Grial"..
Actualmente a edición das "Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, pola Real Academia Galega, así como a cooficialidade do galego no ensino contribúen a que a normalización da nosa Lingua sexa unha realidade.
Pero todo foi posible grazas ós nosos antergos, que nas nosas lareiras, acougaron o noso idioma con moito agarimo. E despois ós escritores como Lugrís, Rosalía , Murguía con un grande etc., que foron os primeiros en alertarnos de que o galego aínda estaba vivo, que había que despertalo. Ós académicos, mestres da escola, escritores, pais de familia que apoiaron a que os seus fillos aprenderan e falaran galego e unha chea de xente que arrimou o ombro, como editoriais, etc. etc..
Pois, que siga espertando interese o noso idioma, que é noso, o dos nosos antergos, o da nosa Terra.
Nota.- Estes contos están reeditados pola Editorial Boreal, S.L da Coruña.
No conto fai referencia a guerra civil portuguesa, esixindo a súa independencia., e pon data exácta o 7 de setembro de 1858. Efectivamente, o reinado de Pedro V rematou tráxicamente ese ano. ante unha forte depresión por la morte da súa muller e tamén a resultas dunha forte epidemia, morrendo ós 24 anos, o rei máis amado polo seu pobo.
Aproveitou Castela para ir a guerra para acadar a posible conquista de Portugal.
Castelo de Castro de Ouro |
Igrexa de San Salvador de Castro de Ouro |
E remato con un conto, que non é tal, é historia, de Manuel Lugrís Freire, cando, estando en Cuba, foi co seu amigo Cesáreo, tamén natural de Sada.ó Teatro de Tacón a ver a Chané. Cesáreo falaba castelán, e ridiculizaba a Lugrís por ser demasiado galeguista. Lugrís firmaba con pseudónimos os seus traballos literarios, o que máis usaba era "Asieumedre". Por iso Cesáreo cando fala con él, neste conto, lle chama "Asieumedre".
.
Quíxenvos engadir este relato de Lugrís porque coido é emocionante.
Pódese consideralo século XX, como propenso ás reinvindicacións do noso idioma. Hai que
destacar os homes da "Irmandade da fala", a "Xeración Nós", ó "Seminario de Estudos Galegos", ó "Partido Galeguista, á Editorial Galaxia" e á "Revista Grial"..
Actualmente a edición das "Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, pola Real Academia Galega, así como a cooficialidade do galego no ensino contribúen a que a normalización da nosa Lingua sexa unha realidade.
Pero todo foi posible grazas ós nosos antergos, que nas nosas lareiras, acougaron o noso idioma con moito agarimo. E despois ós escritores como Lugrís, Rosalía , Murguía con un grande etc., que foron os primeiros en alertarnos de que o galego aínda estaba vivo, que había que despertalo. Ós académicos, mestres da escola, escritores, pais de familia que apoiaron a que os seus fillos aprenderan e falaran galego e unha chea de xente que arrimou o ombro, como editoriais, etc. etc..
Pois, que siga espertando interese o noso idioma, que é noso, o dos nosos antergos, o da nosa Terra.
Nota.- Estes contos están reeditados pola Editorial Boreal, S.L da Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario