"O CAMBRA" D. JOSÉ DOMÍNGUEZ FORTES.
Esta é a casa de Altamira. Comprouna e reformouna , hai pouco, o novo dono Antonio Alén Otero. A súa "lenda" é tan antiga como o Monte Castro de Altamira.. Os romanos esixían ós galaicos que baixaran do monte. Pouco a pouco se foron convencendo que tiñan que facelo para cultiva-la terra, e evolucionar. Pero esta familia, moi agarimada ó lugar, nono fixo. Ficou alí. Fitaban para as contruccións das casas que se construían abaixo , e procuraban face-lo mesmo coa súa chabola..Dende o século IV ata o XVIII mais ou menos foron aguantando así..
Ata que no ano 1752 o pai de Norberto da Cambra edificou unha mansión preciosa, cunha galería ó poñente dun estilo de columnas de pedra, tan bonita, que eu, de cativo, moitas veces quedei fitando para ela. A casa antiga quedou para cortes de animais.
Norberto casou con María Rodríguez, e tiveron un fillo Domingo da Cambra, que casou con Bibiana Rodríguez, e deles naceu D. Juan Antonio Cambra o 29 de Decembro de 1805.
O constructor gravou no lintel da porta "AVE MARÍA PURÍSIMA, ANO DE 1752". Daquela había unha gran publicidade a favor da Inmaculada Concepción da Virxe María. Os cregos pregaban a cotío sobre o tema. A xente chegou a saudarse coa frase "Ave María Purísima". Esta ambientación perdurou ata a difinición do Dogma por Pio IX o día 8 de Decembro de 1854., en que afirma que a Virxe foi preservada inmune de toda mancha de culpa orixinal no primeiro instante da súa Concepción.
D. Juan Cambra Rodríguez casou con Benita Rodríguez Rodríguez, e tiveron unha filla Josefa Cambra Rodríguez, quen casou con Juan Antonio Domínguez y Domínguez, e tiveron un fillo MANUEL DOMINGUEZ CAMBRA, que foi o pai de D. José, o crego de quen estou escribindo.
Esta casa tamén tén a súa historia. Herdena da miña tía Herminia Rodríguez Fortes, que era prima carnal de D. José Domínguez Fortes.. Non sei por qué, debeu ser un alcume, aínda hoxe lle chaman a casa das "Cascoñas".
Pedro Rodríguez casou con María Rodríguez, naturais e veciños de Taboexa, e tiveron un fillo Manuel Rodríguez Rodríguez., quen casou en Barcela con Rosa Estévez Rodríguez, filla de Antonio e María Jacinta.
Alí en Barcela tiveron a primeira filla Carmen. Pero ó pouco tempo viñeron para esta casa, que sería propiedade dos pais de Manuel. E naceu nela axiña un neno,o 17 de Xuño de 1835, a quen lle puxeron por nome Ambrosio, que foi para o Seminario de Túi, chegou a ser crego, e viviu sempre nesta parroquia., falecendo o 27 de Xullo de 1912.
A súa irmá Carmen Rodríguez Estévez casou con Manuel Fortes Gregores, desta parroquia, o 10 de Xuño de 1857, e tiveron 5 fillos, ENCARNACIÓN FORTES RODRÍGUEZ, a nai de D. José, Ambrosio, Laureano, Claudina e Manuel..
Pois MANUEL DOMÍNGUEZ CAMBRA casou con ENCARNACIÓN FORTES RODRÍGUEZ o 6 de Febreiro de 1884. Ó pouco tempo tiveron un fillo, que naceu en ALTAMIRA o 15 de Maio de 1884, e puxeronlle por nome JOSÉ.
Ós catro anos en 1888 morre Manuel e queda víuva Encarnación con 24 anos de idade. Non sei se José chegaría a coñecer seu pai.
¡Cantas veces sobiría e baixaría estas escaleiras antiquísimas o pequeno José! Escaleiras feitas nunha rocha.
O 7 de Maio de 1892 Encarnación casa en segundas nupcias con Jerónimo Rodríguez Álvarez, natural de Rubiós. Tiña José 8 anos.
Tiveron tres fillos, Ambrosio, Manuel e Consuelo, pero esta neniña, que nacera o 9 de Marzo de 1898 morreu ó dia seguinte, E a nai, Encarnación finou tamén o 3 de Agosto do mesmo ano de derrame cerebral..
Tiña José 14 anos. Meu tío Manuel Míguez Troncoso tiña os mesmos anos que José. Os dous eran moi amigos. Estounos vendo chorar xuntos no enterro de Encarnación.
Sería, entón, cando o irmán da súa avoa Carmen, Ambrosio Rodríguez Estévez, crego, pensou en levalo ó Seminario de Túi a estudiar. Como José e meu tío Manuel eran tan amigos, falou cos dous, e expúxelles a idéa. Ensinounos perante dous anos na súa, chamada así pasantía, iniciándoos no latín e formándoos no que podía. Os dous rapaces xa estudiaran na escola da Baldeira as catro regras, aprenderan a ler e escribir, historia , e xeografía, é dicir, os primeiros ensinos.
Foron para o Seminario de Túi, en Outubro de 1900, e alí coñeceron ós tres sobriños de D. Evaristo Senra Martínez.
Esta é unha foto familiar coa banda de música popular de Rubiós. De esquerda a dereita, Carmen Rodríguez Estévez, a avóa materna de D. José, seguen Ambrosio e Manuel, os dous fillos de Jerónimo, seu pai está abaixo entre ós músicos, Claudina de blanco e o seu esposo Manuel detrás dela, o rapaz debe ser un músico, segue Ambrosio e Laureano e D. José Domínguez Fortes, ordenado de subdiácono, aínda non era crego, e ó seu lado D. Ambrosio Rodríguez Estévez, o irmán de Carmen, o seu tío avó Ós demais non son quen de recoñecelos.
Digo que esta foto é do 1910, por estar Claudina vestida de blanco.Pois a partir de aquí aconteceron mortes imprevistas na familia, que causarían moita dor a D. José.
O día 9 de Xaneiro do ano 1911 morre Carmen, a súa avóa materna por mor de queimaduras graves. Estaba na lareira a carón do lume, quedou dormida e as lapas prendéronlle na roupa. Tiña 83 anos.
No día 5 de Maio do mesmo ano 1911 falece o seu tío Ambrosio, nos Píos, ós 46 anos.
O día 2 de Maio do ano 1912 finou en Rourís o seu avó materno, o home de Carmen, tamén ós 83 anos.
No 27 de Xullo do mesmo ano 1912, finou o seu tío crego D. Ambrosio, o irmán de Carmen, ós 78 anos.
E o 13 de Xuño de 1913, falece dun ataque cerebral o seu tío Manuel, o marido de Claudina.
Por iso digo que a foto debeu ser tomada antes, no 1910. Hai un pouco de alegría nela. Claudina vestida de blanco E o demostra mesmo a a persoa que está a esquerda de todo, que ten que ser Carmen.
Na folla que tiñann que cubrir para o Bispado, chamada "Censo do Clero", escribe D. José
"Nací el 15 de Mayo de 1884 en el lugar de Altamira, Taboeja, Tuy, Nieves, Pontevedra. Bautizado el 18 de Mayo. Confirmado el 8 de Mayo de 1885.
Estudié 2 años en una pasantía y 3 años de latín en el Seminario de Tuy. Tres años de Filosofía. Cinco años de Sagrada Teología. Ordenado de Subdiácono en 1910, Diácono y presbítero en 1911.
En el mes de Enero de 1912 fui nombrado cuadjutor de Barcia de Mera en el arciprestazgo de Montes, cargo que desempeñé hasta el mes de Junio de 1914, teniendo que retirarme a mi casa por enfermo.
En primero de Junio de 1915 fui nombrado cuadjutor de San Salvador de Leirado, cargo que desempeñé hasta el primero de Enero de 1923 en que se me confirió el título de Cuadjutor de Taboeja."
Este crego, D. Manuel Pérez Martínez, foi o párroco de Leirado, onde D. José estivo de Cuadxutor. Eu coñecino de rapaz. Faleceu no 1951, e os maiores recordarán a traxedia no seu velorio na casa rectoral. Non se apontoaran as trabes, e ó acudir tanta xente, o piso afundiuse e todos co cadaleito foron a parar ó soto. Por sorte só houbo feridos leves.
Pero é posible que en Taboexa naide saiba, que este crego era poeta, e que editou, daquela, un libro de poesías, titulado "Margaritas Silvestres". Tiña un irmán que era párroco do Rosal.
Cando faleceu D. Evaristo Senra Martínez, quedou D. José de encargado hata o 21 de Agosto de 1925 en que se "se lle expediu o título de Ecónomo".
É curioso, que D. José o escribi-los cargos de Barciademera e Leirado dí que foi "nombrado...", pero ó falar de Taboexa dí que recibiu "o TÍTULO de cuadxutor e máis tarde o TÍTULO de...ecónomo...". De feito, quere expresar que ó ser nomeado para Taboexa era algo especial, unha distinción, UN TÍTULO, como se fora a continuación do "Beneficio Curato", que tiña a parroquia.
Nas escaleirs, que soben a igrexa, foi sacada esta foto. Os nenos da cataquese con D. José. Ahí estou eu, arriba de todo, o cuarto a partir da dereita. A mín tíñame certo aprecio. Sería, porque se acordaba de meu tío crego.Cando lle contestaba ás preguntas, na catequese, sempre me daba un can, e ós outros unha cadela. Había unhas moedas de cobre de 10 e 5 cms., que se chamaban comunmente perra grande e perra chica, pero en Galicia chamabámoslle can e cadela. Cando tiña eu 3 anos corría cunha cadela na mán ata o camiño para mercarlle ó panadeiro unha barra de pan..
A capela de San Mamede estaba derubada. D. José,escribe no 16 de Xullo de 1919 ós veciños de Taboexa, Rbarteme, Batalláns, Vilacoba e Guillade, emigrantes en Lisboa, para pedirlles unha colecta para o seu arranxo. Vai dirixido este escrito a:
D.Caitano Eiró Rodríguez , D. José Alonso Rodríguez, D. Evaristo Davila Gil, D. Perfecto Melón, D. Manuel Fortes Rodíguez -seu tío-, D. Manuel Rodríguez e D. Francisco Vidal Carrera.. Todos eles empresarios e moi ben situados ecomicamente.
Teño que resumi-lo escrito, por ser longo, pero vou citar este parágrafo:
"El pueblo, que agradecido al Santo Mártir vió arrasados los viñedos de las parroquias vecinas, conservándose por ahora intactos los nuestros, estimará el generoso desprendimiento de sus hijos, residentes en esa capital, cuyos nombres retumbarán a la altura de 800 metros sobre el nivel del mar, puesto que publicaremos sus nombres y sus limosnas".
D, José herdou da súa bisavóa paterna unha casa co seu eido, na Moreira, que pouco a pouco foi arranxando. Pois na casa, onde nacera, vivía o seu padrasto Jerónimo Rodríguez Álvarez, e anque os seus medio irmáns Ambrosio e Manuel .xa eran maiores, o seu padrasto xuntárase cunha portuguesa, Xuana Barreiro Pereiro, natural de Loureda, concello de Arcos, Portugal. Xa tiñan daquela, no ano 1920, dous fillos, Marcelina , de 8 anos, e José, de 5. Pero D. José endexamáis lles virou as costas, máis ben lles axudou económicamente, e chegou a casalos. Socorreu cos Santos Sacramentos ó seu padrasto na hora da súa morte e chega a escribir na partida de defunción, que morrera devotamente. Faleceu o 7 de Agosto de 1933. Xuana finou o 4 de Febreiro de 1963, ós 83 anos, un día de unha gran nevarada. Homes con pás foron saca-la neve do camiño para que poidera pasa-lo cadaleito.
D. José, unha vez superado o sufrimento do pasamento dos seus familiares, vivía tranquilo e feliz nesta súa casa da Moreira. Despois da morte de D. Evaristo Senra, sentíase orgulloso de haber obtido o título de Ecónomo de Taboexa, segúm él mesmo expresa.Tódolos anos no 19 de Marzo, día de San José, invitaba a toda a súa familia.
Unha de tantas xuntanzas familiares..Vemos sentados a Miguel dos Píos e a súa dona Concepción, a nai de Miguel, María alonso Rodríguez, D. Luís e asúa muller Luisa, detrás D. José.Tamén aparecen , arriba, Jerónimo. o padrasto de D. José, coa súa muller Xuana e os dous fillos José e Marcelina.Endexamais lle viraou as costas a Jerónimo por xuntarse con Xuana. Na parroquia haberá familiares que recoñezan o resto das persoas que pousan nesta foto. Agradeceríalles mo comunicaran..
Todo ía ben se non fora que grandes acontecementos políticos estaban sucedendo, non só en España, senón tamén en Francia e outros países..
A Fronte Popular de España, unha coalición formada por republicanos de esquerda, socialistas e comunistas, formada no ano 1935, ganou as elección celebradas o 16 de Febreiro de 1936. Buscaba reformas sociais en sentido progresista, e manteuse no goberno ata a fín da guerra civil no 1939.
A Sociedade necesitaba un cambio. Francia e outros países seguían a mesma política.
O problema foi que Rusia, deseosa de extende-lo seu comunismo por toda Europa, escolleu este intre para comezar por España.
Entón, a Igrexa viu no movemento comunista ó mesmo demo, os burgueses, liberales e terratenentes crían estaban en perigo os seus bens. Os militares e monárquicos pensaban o mesmo.
E sucedeu o que todos sabemos , a terrible e innecesaria Guerra Civil Española, que comezou o 17 de Xullo de 1936 e rematou o 1º d e Abril de 1939. Bando Republicano contra o Bando Sublevado.
Bando Republicano: constituido polo entón goberno lexítimo de Eapaña: A fronte Popular e unha coalición de partidos marxistas, republicanos e nacionalistas, apoiados polo movemento obreiro, os sindicatos e demócratas constitucionais.
Bando Sublevado: Gran parte do alto mando militar, apoiado polo partido fascista Falanxe Española, Igrexa Católica e a dereita conservadora: monárquicos, burgueses, liberales, aristócratas e terratenentes.
Todo isto ven a conto, porque esta guerra foi para D. José un terrible pesadelo e a causa da súa morte temperá.
En Taboexa, como en todas partes, existían células comunistas, e milicias formadas polo "Pisas", Jesús Rodríguez García, según documentación recollida na obra "O Ruído da Morte de Ángel Rodríguez Gallardo, catedrático na Universidade de Vigo.
Jesús Amante cursou estudios en Madrid, e obtivo o Título de Perito Agrónomo. Casouse alí e tivo dous fillos, que, por certo, estiveron hai pouco nesta parroquia para coñecer as súas raíces por parte de seu pai. Metido xa en política, foi enviado a Taboexa e Salvaterra por altos mandos marxistas, como xefe de milicias desta bisbarra.. Fronte ó Centro Cultural e de Interpretación do Patrimonio, pola parte Norte, tiña unha casa onde daba mítins. Uníuse ó alclade de Salvaterra, quen xa dera ordes o 23 e 25 de Xuño para a requisa de armas.O tenente alcalde José Domínguez González, Jesús Amante Rodríguez García "O Pisas" e Germán Alonso, foron quen de dirixir esta obriga. Jesús Amante contaba tamén en Taboexa con milicianos formados por él, como Manuel Estévez e outros máis.
Así as cousas, viñeron a Taboexa pola tal requisa de armas.. Eu que apenas tiña tres anos non me lembro, pero según conta miña irmá levaron da nosa casa unha escopeta e uns prismáticos. Jesús, falando en castelán con acento madrileño, dicíalle a miña avóa, que choraba, "no te preocupes, yo te los llevo, yo te los devolveré"
Andaban espallados pola parroquia. Un miliciano de Fiolledo foi pola Moreira, e pediulle a escopeta a D. José, quen cometeu a imprudencia de enfrontarse, collelo pola camisa e esgazarlla.¡Moi caro lle custou!. Isto ocorriu o 22 de Xuño. Ó dia seguinte varios, armados de escopetas, viñeron a por él e levárono detido ata o Concello de Salvaterra. Pero mellor volo conte D. José.
Este é un borrador dunha instancia que D. José envía ó Auditor de Guerra da Coruña, co gallo de salva-las vidas de José Perez Fernández, que estaba na Prisión Central de Burgos, 3ª Brigada, e de Manuel Álvarez Domínguez, prisioneiro na de Figueirido. A Data deste escrito é a do 22 de Novembro do ano 1940, case nas vésperas da súa morte, que ocoreiu o 2 de Febreiro de 1941.
Coincide D. José co que escribe Angel Rodríguez Gallardo na súa Obra "O Ruído da Morte". Dice así:
" El 23 de Julio de 1936 fuí detenido y conducido por unos cuantos indivíduos, armados de escopetas, a Salvatierra de Miño, con el pretexto de que en la noche anterior había herido a un camarada marxista, haciendo resistencia a la entrega de armas, -lo que fue mentira-, para comparecer ante el Comité Comunista y responder de este delito, que se me imputó. Por lo cual estuve preso cuatro días y tuve que dar la cantidad de 2·000 pesetas, aparte de otros robos y daños ocasionados en mi casa y en la casa rectoral de esta parroquia"
"Y , al llegar cerca del sitio referido, Ayuntamiento de Salvatierra, una chusma de milicianos pretendió asesinarme, lo que hubieran llevado a efecto si no intervinieran José Perez Fernández, que se halla en la Prisión Central de Burgos 3ª Brigada, y Manuel Álvarez Domínguez, que se halla en la de Figueirido- Pontevedra. y debido a ello no fui maltratado ni molestado de palabra.
Y, como todos los encausados en el movimiento marxista de Salvatierra de Miño han sido puestos en libertad, menos éstos, como sacerdote, el más perseguido y vejado de este Obispado, por defender la Fe y nuestra querida Patria, en agradecimiento a esta acción heroica.
Suplica a V.E. se digne ordenar, que éstos, a que me he referido, gozen lo más pronto posible de los mismos previlegios que los demás encausados.
Es gracia....... Taboeja 22 de Noviembre de 1940. Firma: José Domínguez Fortes.
Din que estos dous, que salvaron a vida a D. José eran de Parderrubias. Hai quen afirma, que foi o "Pisas" quen se opuxo: "Aquí no se mata a nadie. No hay órdenes de matar a nadie". Para mín non era mala persoa. Jesúa Amante. Tocoulle vivir naqueles tempos. Se fora hoxe, ó mellor chegaría a ser un gran político. Tiña unha irmá Carolina Rodríguez García, casada cun zapateiro do barrio da Ponte en Ponteareas, Marcial García Pita. En Taboexa ten parentes, e deixou unha filla, fóra do matrimonio, que aínda hoxe vive. Foi collido prisioneiro e fusilado en Túi.
D. José , como é natural, sofriu unha gran conmoción polos graves aldraxes sufridos en Salvaterra de Miño Perante os case tres anos da guerra andou polos montes para esconderse e dormía nas casas dos veciños. pola noite. Tiña medo viñeran a por él. Había os famosos "Paseos", que tan ben detalla Ángel na súa obra "O Ruído da Morte", reféríndose ó que pasou nesta nosa zona.. Petaban á porta e dicíanche: "queremos falar contigo, ven a dar un paseo connosco" Se facías caso, o día seguinte aparecías morto nunha beirarrúa.
Eses tres anos de sufrimento causáronlle a D. José unha grave depresión. Entón, non se coñeciá ben esa enfermidade, e os médicos recomendábanlle repouso.
Escríbelle ó Bispo de Túi, perdíndolle permiso para ir a Lisboa a pasar unha tempada co seu primo Miguel para repousar e ver se melloraba.
O primo era Miguel Fortes Alonso, o Sr. Miguel dos Píos, como todos lle chamaban. Foi a Lisboa, pero non lle serviu de nada. A depresión era moi grave e de aquela non había medicamentos apropiados; foino apretando cada vez máis ata que o corazón non poido aguantar e deu os últimos latexos o día 2 de Febreiro do ano 1941 as 11 da noite, na súa casa da Moreira.
É digna de mostrar aquí a notificación do seu pasamento, que fai o Arcipreste, o entón abade de Vide:
Os seus restos descansan neste panteón , propiedade de D. Juán Cambra Rodríguez, o seu bisavó pola parte paterna. É posible que non lle dera tempo a construi-lo seu propio panteón, no Cemiterio.. A morte sorprendeuno no mellor da súa vida. De todas maneiras é un panteón familiar; ten 3 nichos como se pode observar. O primeiro de arriba é no que está gravado na tapadeira de pedra "Este local después de ocupado no se abrirá más". O cadaver de D. José foi sepultado no segundo nicho. Logo non é verdade o que escribe Fernández de la Cigoña, que se trangrediu a vontade de D. Juán.
Fotografía e comentario de Estanislao Fernández se la Cigoña, copiado dun xornal.
Está claro que os restos de D. José descansan no nicho do medio e non afecta nada ó desexo de D. Juan de ser pèchado a perpetuidade, que se refire ó nicho de arriba.
É unha mágoa que espoliadores da arte, noite tras noite, foran levando o anxo e máis tarde as tres cruces, deixando tan fermoso sepulcro, adherido ás paredes da Igrexa pola parte Sur, totalmente nu e triste.
Esta clase de profanadores carecen de sentimentos.
A casa de D. José, despois do seu primo Miguel, herdouna o matrimonio José Davila Fortes e María Álvarez Álvarez, a quen teño que agradecer tiveran a ilusión de deixarme escanear fotos e documentos que mirades expostos. O resto saqueino das carpetas do Clero no Arquivo Diocesano e tamén da obra "O Ruído da Morte" de Ángel Rodríguez Gallardo.
Perdoai o das fotos. Son moi antigas e non fun quen de melloralas..