martes, 27 de diciembre de 2011

OUTRO PETROGLIFO EN TABOEXA

OUTRO PETROGLIFO DE GRANDES DIMENSIÓNS EN TABOEXA


Interrompo o temario, que tiña previsto, para anunciar ós meus lectores e comentaristas un gran acontecemento. Miguel Rodríguez Alonso, natural e veciño de Taboexa,  o bisneto de Manuel Alvarez, "o Sr. Manuel do Caneiro", orientado por Tono de Camilo, de As Neves, foi quen de atopar un gravado rupestre de grandes dimensións no monte da "Coutada" en Taboexa, a poucos metros das pozas da Adreira.
Tono de Camilo, Antonio Estévez Iglesias,  foi administrativo no Concello de As Neves. Hoxe está xubilado. Polos anos 1950-1960 axudou a Alfredo García Alén, nos traballos de investigación,  levados a cabo no Monte de Altamira.. Máis tarde percorreu , él só, os montes desta parroquia, en procura de petroglifos. Encontrou moitos, tenos anotados, e pouco a pouco váinolos descobrindo.Neste íntre non teño a súa foto, pero hei de escribiros dél abondo.
Manuel Álvarez, o Sr. Manuel do Caneiro



O bisavó de Miguel, Manuel do Caneiro era tamén un apaixonado polos nosos gravados., paixón, que herdou o seu bisneto Miguel. É posible que fora él quen adestrou a Tono, sinalándolle os petroglifos da parroquia, que él coñecía..Eran moi amigos.
É unha mágoa que estes coñecementos.vaian desaparecendo. Por iso me animei a escribir nesta bitácora "As Pedras de Taboexa falan": levo publicadas  xa cinco entradas, Prehistoria de Taboexa, Romanización de Taboexa, Cristianización de Taboexa, Arcediagado de Taboexa, O derradeiro Beneficio curato e agora anuncio o achado deste gravado rupestre.
Taboexa beno merece.. É a parroquia do Castro de Altamira, en donde hai cavernas. Podo demostralo. Sei dun burato en perpendicular de máis de 20 metros de profundidade, que posiblemente servira de ventilación, Ten sobre un metro de diámetro e está preto da croa. Foi tapado polos canteiros cunhas pedras   na década do 1950. En elas habitaron os primeiros habitantes, despois os celtas e oestrimnios.Taboexa é a parroquia dos romanos, dos suevos. En éla predicou Prisciliano. É a célula nai dos galaicos desta bisbarra. Non se estendeu ata Salvaterra, buscou os montes da Paradanta e foise propagando polos Batalláns, Noveledo e Vilacoba ata a Cernada, os Ribartemes e Setados, e coido poideran chegar ata Arbo, Crecente e Rebordechán. O deles era adicarse a caza, pesca e ó cultivo rudimentario da terra, e refuxiarse nas ladeiras dos montes. Adoraban a deusa Cal-Leach, a nai terra, quen ordenaba ós deuses do ceo enviaran chuvia cando era preciso.
Por iso crían que a auga da chuvia era sagrada, e facían unhas coviñas nas rochas, para que nelas caíse a auga de todo o ano.Con ela o druida bautizaba, ou asperxía, ós púberes, no equinoccio da Primavera, despois de preparalos debidamente. A partir deste ritual, tales chavales eran responsabeis, como adultos, ante a comunidade. De ahí que a coviña era para eles símbolo de espiritualidade.
Miguel Rodríguez Alonso, bisneto de Sr. Manuel do Caneiro.

É de gran satisfacción cata-la gran ilusión de Miguel polos gravados rupestres da parroquia. Iso quere diicir, que no futuro, Taboexa pode contar con defensores do seu Patrimonio.
Tamén podemos contar con Susana, periodista, que escribe na súa bitácora "Buscando entre la niebla" formidables temas., algúns sobre esta parroquia. Anque naceu e reside en Madrid, os seus pais son naturais de aquí. Por iso escribe a cotío sobre Taboexa. ¡O Corruncho puxa! Por certo estou en débeda con ela polos comentarios que me fixo ás entradas "Cristianización de Taboexa" e "Arcediagado de Taboexa".Gracias, Susana, xa me comunicarei contigo na páxina adecuada.

Esta rocha gravada, inclinada ó Sur-Oeste, ten 22 metros de largo por uns 8 de ancho, ou máis, porque aínda está sen limpar totalmente.. É un granito un pouco groso, polo tanto moi dado á erosión. De ahí que moitas figuras están deterioradas e outras a pique de desaparecer.
O Monte onde se atopa chámase "A Coutada". Dá pena ve-los acantilados que deixaron os canteiros. Unha gran parte da rocha foi desfeita por eles.
Feito así, ás presas, poiden contar 93 coviñas ou cazoletas e 46 cruces. Moitas están case invisíbeis, desfeitas por mor dos incendios e a erosión. Non comprendo cómo se poideron consevar as que estamos vendo, tratándose dun granito, como indiquei, un pouco groso.
Hai coviñas de tódalas medidas.. A meirande ten 25 cm. de diámetro e 10 de profundidade. Hai varias de  20 cm., de 12 cm. e de 8 cm. e o resto máis pequenas. Moitas cruces rematan os seus extremos en pequenas coviñas.
Coa teima de publicar este achado canto antes e por mor do mal tempo de inverno, non puiden examinar en condicións este fermoso gravado.. Por unha banda parece que o artista quixo deixarnos un testemuño da unión dos dous símbolos a coviña e a cruz; dese xeito, sería feito dunha soa vez, a finais do século IV da nosa Era. De feito, hai moitas cruces con pequenas coviñas, como se fora unha unión dos dous símbolos.Por outra aparecen figuras que poden  datar entre o terceiro ou segundo milenio, na antiga metalurxia de cobre. No bo tempo hai que aprecia-las que foron feitas cun obxecto lítico puntiagudo ou cun punteiro de ferro.
¿Antropoformes ou cruces?

VELAQUÍ A LENDA DAS COVIÑAS.
A gran foresta cubríase xa dun reverdecente multicolor.Os paxariños voaban ledos sobre ela, piando sen cesar.Por todas partes notábase un forte recendo de flores silvestres. A Primavera chegara ó poboado de Taboexa.
O druida, que ademáis de ser sacerdote, médico, astrónomo e filósofo era tamén bardo, e por tanto responsable da tradición oral, internábase no bosque cos púberes da comunidade, á preparalos pro ritual, que se celebraría no equinoccio da Primavera, o 21 de Marzo.
Na primeira noite, despois de bañarse con auga de rosas e mel, a carón dunha gran coviña, chea de auga, prendían unha vela de color rosa, símbolo do amor.E aprendían do seo mestre a primeira gran lección, a do AMOR. Sen él, a vida non ten sentido. O druida íalles explicando que para recibir o asperxe ou bautismo coa auga de todo o ano, que os deuses do ceo verteran naquela coviña, e os transformaría en adultos no seu interior, antes tiñan que encherse de amor. Só o amor lles daría forzas para adicarse o servizo do poboado.
Na segunda noite, despois do baño purificador, encendían outra vela de color verde, símbolo das correctas decisións. Aquela paz e silencio da noite facia que as ensinanzas do mestre chegaran ós corazóns dos rapaces.
Na terceira noite, despois do baño, prendían unha vela azul, para que a tranquilidade e a paz os acompañara . E así ata a cuarta noite que acendían unha vela amarela para pedir prosperidade
Mentres, no poboado os homes ían a caza do gamo, cervo e xabalí, para o festín conmemorativo do evento, que ía celebrarse.
As mulleres e mozas adornaban con flores a pedra ritual da coviña, no poboado.
Amence o día 21 de Marzo e todos á Pedra Ritual. Alí estaba toda a comunidade aplaudindo ós púberes que chegaban do bosque, debidamente engalanados, e cheirando a rosas e mel
E, entre vítores e aplausos, o druida vai recollendo auga da coviña, e vértea sobre a cabeza de cada puber, invocando unha pregaria ós deuses. .E todos eles quedan transformados en adultos no seu interior, con ganas de pórse ó servizo dos seus.
A festa perdurou ata fin de mes.
De ahí, que a coviña era para os galaicos un símbolo de toda a súa vida interior. E por iso mesmo deixáronas gravadas nas pedras, por donde eles estiveron.

Houbo unha gran desfeita polos pedreiros daquel entón. Arrepía ve-los acantilados, enormes acantilados, na croa do monte de Altamira, en case tódalas rochas da parroquia. ¡Un desastre1 Percorrendo o gran monte de Taboexa, nótase en calquer sitio esta acción demoledora. Eu son testemuña, porque sendo neno, contemplei nos maiores a ilusión que tiñan de sacar pedra do monte. Non había postos de traballo, e o deles era ir por postes para as viñas e pedras para facer valados.Nas pedras dos muros de Taboexa cheguei a ver coviñas e outros gravados.

Nos nosos montes hai unha morea de petroglifos sen atopar. Calquer rocha ten algo gravado. Estamos investigando; hai xente nova  e moi entusiasmada, que está axudando. Axiña vos comunicarei se algún novo gravado aparece.
Na entrada do meu blog, "Cristianización de Taboexa" xa anunciei o gravado rupestre do "Monte do Cangado" con serpentiformes diversos, en grupo, e separados, círculos, espirales, e algunha evástica. Un petroglífo precioso, digno de ser conservado e protexido.
Conste, que non estou escribindo dunha maneira especial sobre petroglifos. De momento estou chamando a atención para que todos saiban quén é Taboexa. Ata agora, parece que foi a "Cenicienta", naide tratou de fta-la súa historia, a citania de Altamira e as súas posíbeis, eu diría seguras, cavernas, e toda a súa gran riqueza en gravados rupestres.Repito, de momento, estou chamando a atención. Máis tarde, escribirei sobre cada petroglifo, a gran cantidade de cruceiros e petos das ánimas, a inmensidade de muiños e a súa historia, o lugar do Couto, que abranguía varios barrios, con xuiz propio, o seu cárcere e Monte da Forca. De momento só estou alertando e suplicando, por se algún lector, con autoridade, é quen de pór a Taboexa na peaña que lle pertence.

Taboexa agocha os petroglifos:
O da croa de Altamira, coa representación da puberdade e a Coviña ritual.
O famoso do Mouro, coa gravación dos penes e a coviña no medio,símbolo da puberdade, e a pedra ritual en forma de corazón, cunha gran coviña, que algúns confunden cunha lagareta do aceite.
No Monte Cangado, un gravado precioso de serpentiformes, que xa indiquei arriba, separadas, algunha de gran dimensión, e en grupos., círculos, algunha evástica e reticulados. Nunha esquina un só cruciforme, para mín o máis antigo.Ver entrada "Cristianización de Taboexa.
Este da Coutada , que estamos anunciando.
O da Barca, que estamos na súa prucura, e coido axiña aparecerá..
Sen esquecernos dos que están nos altos dos montes, dende o Pousadoro, ata San José de Ribarteme, como: A Cazoleira da Menora, Cara do Home, Chan da Fonte das Barbas, Cruceiro de Don Pedro cos seus cruciformes, a Laxe das Cruces, Coto dos Grifos. Hai anos, que o meu caro amigo Xuán Martínez Tamuxe os percorreu todos e publicou na revista Soberosum do Museo de Ponteareas.
Comecei a escribir nesta bitácora o 20 de Agosto do 2011. Se Deus me deixa, veredes unha man chea de cousas que agocha a nosa Terriña. Pórse a escribir sobre Taboexa é un non ter fin. É inesgotable.
É unha mágoa, que arqueólogos galegos, que teñen ecrito un bo puñado de libros sobre os petroglifos galegos, ó falar da nosa parroquia digan que "en Altamira de As Neves aparecen só uns zig-zags. Por favor, que As Neves é d'onte, do ano 1905, gracias a familia dos Sarmiento, senón aínda hoxe sería un pequeno barrio de Setados.
Taboexa ten unha entidade propia, que é TABOEXA, a célula-nai dos poboados galaicos desta bisbarra.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                          Por iso, cando se fale do Castro romanizado de Altamira, da súa historia e dos nosos gravados rupestres, hai que dicir coa boca chea, que son e pertencen a TABOEXA., quen non ten envexa ós demáis da nosa Terra, como poden ser os de Lérez, Fentáns, Sacos, Cogoludos en Paredes, Formedo en Marín, Mogor-Armenteira, Montecelo, Paredes, Forxa da vella en Leiro, e un gran etc.
E temos que darnos conta que o Patrimonio de Taboexa aínda está por descubrir.
Nestos días entereime que en Ourense apareceron varias laxes con cazoletas de varias medidas, 20, 11 e 6 cm. e a Consellería de Cultura mandou axiña un arqueólogo a investigalas.
¿ E...qué pasa con Taboexa...?
Tamén me enterei, por certo dunha gran noticia, que o I.E.M. Instituto de Estudios Miñoranos, o I.C.G. Instituto de Cerámica de Galicia e a Fundación I.T.M.A. Instituto de Materiais de Asturias, tentan converter os petroglifos do Val Miñor, escaneando con láser, en reproduccións exáctas en tres dimensións, as primeiras do mundo.Os gravados da Auga da Laxe en Gondomar, Outeiro dos Lameiros en Sabarís e Monte Tetón en Tomiño, serán os primeiros. É curioso que as rochas escanéanse sen contacto físico coa pedra e producindo fotografías en tres dimensións, recollendo todo o que poida pasar desapercibido ó ollo dos investigadores. ¡Bravo, polos do Val Miñor!
Se alguén quere contactar con eles: http://www.minhor.org----- Ou a mail:  direccion@minhor.org
Din que Mariano Rajoy Brey, o noso Presidente do Goberno de España, a pique de remata-la súa carreira de Rexistrador, andou con Alfredo García Alén envestigando o noso monte Castro de Altamira. Se é certo, él pódenos axudar un pouco a esclarece-lo das cavernas e mandar protexer os nosos gravados.Polo menos abri-lo burato de 20 metros de profundidade, para mín ventilación das cavernas, do que escribo na miña primeira entrada "Prehistoria de Taboexa" na bitácora "As Pedras de Taboexa falan"
Os de Taboexa celebramos con gran satisfacción, e dámoslle parabéns, por haber ganado por maioría absoluta nas pasadas eleccións. E desexámoslle sorte e acerto no seu mandato, nun tempo de crise e grandes dificultades.


















martes, 13 de diciembre de 2011

O DERRADEIRO BENEFICIO CURATO DE TABOEXA

           O DERRADEIRO BENEFICIO CURATO DE SANTA MARIA DE TABOEXA

Como escribín na páxina anterior hai unha Sentencia de 23 folios, de 13 Resultandos e 8 Considerandos, que ó mesmo tempo que dá a D. Evaristo Senra Martínez o Título e Posesión do Beneficio curato de Santa María de Taboexa e o seu anexo de San Xoán de  Rubiós, serve tamén para contestar a tantos documentos, enviados ó Bispado de Túi, polos veciños desta parroquia, perante máis de 100 anos. E coido, que esta sentencia, como obxectivo directo, pretende comumunicarse cos de Taboexa, para disimular en parte o mutismo hermético do Bispado perante tanto tempo. Fai un resumo dos acordos logrados nos Sínodos e Concordatos, sobretodo o de 1851.e explica a loita entre os procuradores dos opositores ó Beneficio curato, dous do Arcebispado de Santiago e D. Evaristo Senra Martínez desta Diocese de Túi.
Non sei, qué tiña Taboexa, para que cregos con parroquias propias, pelexaran entre sí, perante concurso, incluso con pleitos, dando poder a procuradores propios para a súa propia defensa e poder obter o noso Beneficio curato. Taboexa tiña que ter fama abonda.
                          
Ademáis de indica-la permuta entre a Casa Barbeita e o duque de Soutomaior, e a anulación de Acediagado de Taboexa polo Concordato, a concesión ó Marqués de la Vega de Armijo y Mos do Castelo de Soutomaior. e outros cambios políticos, explica os altercados que tiveron os opositores ó Beneficio curato de Taboexa, mediante os seus procuradores.
O Excmo. Sr. D. Antonio Aguilar y Correa, marqués de la Vega de Armijo y Mos e outros títulos, como padroeiro"in solidum" do Beneficio curato de Santa María de Taboexa, presenta e nombra, como cura párroco da mesma, na actual vacante, a D.Antonio Fernández y González, párroco de Fustanes, do Arcebispado de Santiago de Compostela....
E como "Acumulados: a D. Evaristo Senra Martínez, párroco de Rebordechán, nesta Diocese. 
                                     D. José Vidal, parroco de Adirán, do arcebispado de Santiago.
Os de Santiago, D. Antonio e D. José estaban representados polo procurador Besada.
D. Evaristo Senra Martínez, polo procurador Fortes.
Os tres tiveron que someterse a un exame, un concurso. "Concursillo"
E resultou, que D. Antonio Fernández y González foi  descualificado, "reprobado" nos exercicios., e o procurador Fortes  reclamou axiña o Beneficio curato, para D. Evaristo, que éste, sí, aprobara o exame..
E vaia a que se armou entre os dous procuradores. Rifaron e chegaron ir a pleito, para conseguir tal Beneficio curato. 
Pasou moito tempo, porque daquela, tales pleitos ían moi lentos.
Pero, por fin, D. Antonio fernández González, perdeu o pleito, por "ser reprobado nos exercicios", e a Sentencia concede o Beneficio curato A D. Evaristo Senra Martínez.
D. Evaristo Senra Martínez

Cando foi nomeado D.Evaristo párroco de Taboexa no ano 1882 polo Sr. Marqués de la Vega de Armijo Mos e Soutomaior, nese mesmo ano tomaba posesión en Túi o bispo Don Fernando Hue Gutiérrez, 1882-1894, e como bispo  novo no cargo, ordeou facer un censo do Clero Mandóuselle a cada crego un folla, en donde tiñan que cubri-la data de nacemento, bautismo, confirmación, estudios, grados académicos, ordes sagradas recibidas e cargos eclesiásticos.


D. Evaristo escribiu sobre sí mesmo, desta maneira:
CENSO DEL CLERO.
"Don Evaristo Senra Martínez, hijo de Don Fernando y Doña María, nació en Tuy el día 20 de Noviembre de 1844.
Se ordenó en Tuy de Presbítero en las témporas de Santa Lucía del año 1869
Estudió en el Seminario de Tuy 4 años de gramática, 3 de Filosofía y 5 de Sagrada Teología.
Fue ordenado en Tuy a título de patrimonio.
Fue capellán de Coro de la Santa Iglesia Catedral de Tuy. desempeñando al mismo tiempo igual cargo en las Congregaciones del Santo Cristo de la Agonía, Virgen de los Remedios, San Benito y Santa Casa de Misericordia, establecidas en la Ciudad de Tuy.
El 20 de Abril de 1870 fue nombrado Capellán interino del Regimiento de Infantería de Guadalajara.
El primero de Octubre del año 1871 renunció los Cargos anteriores por haber sido nombrado Párroco Castrense del 4º Batallón de la Guardia Civil
En doce de Marzo de 1872 fue trsladado al Batallón Provincial de Lugo y nombrado Jefe Castrense de la 2ª División de Vizcaya y Capellán del Hospital Militar de Portugalete.
El día 14 de Diciembre de 1875 renunció los Cargos anteriores por haber tomado posesión del Curato de Santa María de Rebordechán de la Presentación del Sr. Marqués de la Vega de Armijo.
Renunció este  cargo de Párroco de Rebordechán, por haber sido nombrado para el Beneficio curato de Santa María de Taboeja, por el mismo patrono el Sr. Marqués de la Vega de Armijo, Mos y Sotomayor, del que tomó posesión el 1º de Mayo del año 1882.
Tiene licencias para celebrar, confesar y predicar en todo el Reyno de Portugal, las tiene, además de su Obispado, de los de Victoria, Santander, Burgos, Valladolid, y de absolver resevados sinodales, y confesar monjas en el Obispado de Orense.
Taboeja, 19 de Noviembre de 1882.
Firma. Evaristo Senra Martínez.


Estivo de capelán castrense case 6 anos. dende o 20 de Abril de 1870 ata o 14 de Decembro de 1875.
E de párroco de Rebordechan, case 7 anos, dende o 14 de Maio de 1875 ata o 1º de Maio de 1882..
Iglesia de Santa María de Rebordechán

Posibemente iría com él á parroquia de Rebordechán a súa irmá Encarnación, quen axiña casou alí con Roque Fernández Parada, fillo do licenciado en leis, Ramón Fernández Teijeiro. Tiveron seis fillos, Evaristo Jaime, Enrique, Francisco,Sara, María e Castor.. No bautizo dun deles Evaristo Jaime; foron de padriños D. Evaristo Senra Martínez e a súa nai, a avóa materna do bautizado, María Martínez. Tres dos fillos deste matrimonio foron a estudiar ó Seminario de Túi. e chegaron a ser cregos. Dous deles, Evaristo e Enrique, estiveron, recén saidos de ordenarse cregos, nesta parroquia, como axudantes de seu tío.
Hai que ver as coincidencias da vida. D. Evaristo tiña o bó costume de escribir de vez en cando nos libros de bautizados algún acontecemento importante da parroquia.  En Decembro de 1906, escribe:
Están asignados a esta iglesia parroquial de Santa María de Taboeja, como sacerdotes:
D. Manuel Míguez Troncoso.
D. Ambrosio Rodríguez Estévez.
D. Evaristo Fernández Senra.
D. Enrique Fernández Senra.
D. José Domínguez Fortes
D. Evaristo Senra Martínez, párroco.
D. Manuel Míguez Troncoso era meu tío, irmán de meu pai. E D. José Domínguez Fortes, "O Cambra", así chamado na parroquia, polo segundo apelido de seu pai. Eu sabía que D. Manuel, meu tío, e D. José, eran condiscípulos, foran para o Seminario, enviados por D. Ambrosio Rodríguez Estévez, irmán da avoa de D. José, Carmen Rodríguez Estévez. Pero o que non sabía era que os tres sobriños de D. Evaristo, meu tío Manuel e D. José, "O Cambra, eran tamén condiscípulos, e foron ordenados cregos xuntos. Cando fai a relación D. Evaristo, viñan do Seminario recén ordenados.
D. Evaristo e os seus sobriños Evaristo e Enrique, estudiantes.
D. Evaristo Jaime Fernández Senra, naceu na parroquia de Santa María de Rebordechan, lugar Do Pazo,  Creciente, 0 24 de Xullo de 1885. Estudiou nunha pasantía en Arbo, e Filosofía e Teoloxía no Semonario de Túi. Foi cuadxutor de Taboexa. ecónomo de Corzáns, e de San Mamede de Vilar e párroco de San Felix de Lougares, e o seu anexo Santa María de Queimadelos,Marzo de 1919. , e encargado de San Esteban de Casteláns.. Faleceu o 22 de Xullo de 1949.
Enrique Fernández Senra, naceu en Rebordechán o 23 de Febreiro de 1887. Estudiou no Seminario de Túi, como interno.Foi ordenado sacerdote nas Témporas de Natividad de 1912.. Cuadxutor de Taboexa dende 1912 ata o 25 de Outubro de 1922, en que foi nomeado párroco de Cequiliños.Foi nomeado máis tarde párroco de Torroso, e alí faleceu repentinamente na casa rectoral o 4 de Xaneiro de 1938, ós 51 anos.
D. Francisco Fernández Senra. Foi ordenado sacerdote nas Témporas de Pasión do ano 1911. Foi nomeado capelán do barrio de San Antonio de Arbo. De momento non puiden investigar a data de nacemento. Parece que D. Enrique e D. Francisco eran xemelgos. Faleceu o 2 de Decembro de 1919. De ser así, morreu ós 32 anos
D José Domínguez Fortes, "O Cambra"
D. Manuel Míguez Troncoso, meu tío
É emocionante a toma de posesión, redactada e escrita polo notario, que era un irmán de D. Evaristo, D. Basilio Senra Martínez.

En la parroquia de Santa María de Taboeja y atrio de su Iglesia, a primero de Mayo de mil ochocientos ochenta y dos, D. José González Barros, Cura Ecónomo de esta misma, por ante mí Notario, dijo: Que habiendo visto el Título antecedente de Don Evaristo Senra y Martínez, con el que fue requerido para la toma de posesión del Beneficio Curato de esta parroquia, y de leido que fue a la puerta principal de la Iglesia en presencia de una concurrencia de vecinos, tomó por la mano al dicho Don Evaristo Senra y Martínez, le introdujo en ella y le llevó al Altar Mayor, en donde, arrodillados, hicieron oración, y en seguida se trasladaron a la sacristía, se revistieron y volvieron al Altar Mayor, y de hechas las genuflexiones correspondientes, con la debida reverencia, abrió los corporales, abrió y cerró con la llave la custodia que registró y tocó,  y lo mismo ha visto y tocado la piedra de Ara, cáliz, patena, vinajeras y más ornatos clericales, abrió el misal y lo volvió a cerrar.


Hecho esto pasó al púlpito y de allí a la pila bautismal, la reconoció y lo mismo las ampollas y Sagrados Oleos, tocó las campanas  y finalmente practicó otras ceremonias propias de este acto.
Seguidamente se hizo igual operación en la Iglesia parroquial de San Juan de Rubiós, anejo de ésta de Santa María de Taboeja.
En virtud de lo cual el Señor Comisionado dió y hubo por dada al pronotado D. Evaristo Senra Martínez la posesión real, corporal, actual, civil, de dichas iglesias y mandó que usase de ellas  y de  su derecho.....Fueron testigos:
"Anota D. Evarissto Senra no libro de bautizados en Maio de 1882:
Al tomar posesión del curato admiré la bóveda de la Iglesia y noté la falta del altar mayor pues solo existe un cuadro que contenía pintada un lienzo de la Santa Virgen de la Concepción que se halla en la sacristía".
Determinou facer unha reforma do altar maior e da igrexa.Cooperou todo o pobo, aportando traballo e madeira. D. Juan Cambra Rodríguez, do que escribín na entrada anterior, deu un castiñeiro de 7 metros de largo e 75 centímetros de espesura. Por outra banda, D, Evaristo era carpinteiro-ebanista, delineante,pintor, escultor e músico.Non me estraña que él mesmo fixera o esbozo ou deseño do retablo e axudara a construi-lo.

Esta é a reforma do altar maior despóis do Concilio Vaticano II. O único que se conserva do antigo retablo é a recuberta ou forrnelo do Sagrario. Eu recordo no antigo retablo catro grandes columnas coas súas basas e capiteis, dourados, así como tódalas demáis molduras. O resto estaba pintado dun branco-mate.
Hai poucos días fun a Rebordechán, e o mira-lo retablo, representóuseme o de Taboexa . É posible, que D. Evaristo fora tamén o atífice do retablo de esa parroquia.
Retablo maior da Igrexa de Rebordechán

E, en Rebordechán, cando estaba con esta lideira das fotos, me encontro con Castor Roque Garabatos Fernández, un neto do tal Castor, irmán dos tales cregos e por tanto sobriño tamén de D. Evaristo Senra. Castor casou con Dolores Parcero Magariños, filla dos condes Magariños de Cangas, e tiveron 20 fillos. Unha filla deste matrimonio foi a nai de Castor Roque, o que coñecemos. hai uns días, na parroquia de Rebordechán, quen tivo a amabilidade de levarnos á súa casa para contarnos esta intrigante historia.¡Qué cousas depara a vida!.
Dicía que foi pintor D. Evaristo, porque contemplei perante anos, e tamén axudei a armar, unha man chea  de pezas de madeira, que cubrían todo o retablo na semana de Pasión e toda a Semana Santa.Recordo que había  varias táboas recortadas en forma de imáxens, pertencentes ó Antigo Testamente. Nas esquinas estaban  os catro grandes profetas, Isaías, Xeremías, Ezequiel e Daniel. Adiante, no presbiterio, Abraham, Isaac e Judiht e posiblemente algunhas máis. Moi ben pintadas as figuras. Daba a sensación de que voltabamos ó antigo Testamento para volver a vivir a Pasión de Criso e a súa Resurrección de novo.
Contáronme os de Rubiós, que tamén alí había, as tales figuras, o mesmo que en Taboexa.
Non sei, qué foi feito de toda esta obra de arte. Desapareceron námbolas parroquias. Non creo fora a traza ou carcoma.Posiblemente , algún anticuario.
Esta escultura do Nazareno, foi tallada por D. Evaristo Senra. Estaba exposta no xardín que está ó lado da entrada da Rectoral, onde, aínda hoxe, segue existindo unha palmeira. Ó lado dela había tamén unha pía. enriba dun pedestal, bonita pía  por certo. Todo isto foi espoliado. A estátua foi arrancada do seu sitio no ano 1966 polo Concello das Neves, posiblemente coa autorización do entón cura ecónomo.É unha pena se rompera o seu pedestal; vese que está remendado con pezas novas. Unha mágoa, repito, porque en él estaba escrito que "Este cristo fora feito polo abad D. Evaristo Senra Martínez no ano..."
Pois esta é a proba de que D. Evaristo era escultor.
Esto é un proxecto da escalinata de Rubiós que baixa ata Igrexa., feito por D. Evaristo.Fixo tamén os planos da casa de Obra, que máis tarde serviu de casa rectoral., hoxe destruida. Era un bo delineante.
Tamén era músico. De capelán castrense, perante 6 anos, non só aprendeu música senón que chegou a tocar nas bandas militares. E, observando as habilidades musicais da xente de Rubiós, animouse a fundar nesa parroquia unha banda popular de Música. Ía con frecuencia a Madrid; alí tiña amigos políticos e militares, soltou a idea, e recolleu instrumentos abondo para dúas bandas. E fundou axiña a banda popular de Rubiós e a Banda de As Neves. A de As Neves, por mor da emigración veuse á baixo, pero a de Rubiós persistiu, ata o día de hoxe.
Penso publicar unha entrada referente a este tema: Rubiós e a súa Banda Popular, fundada por D. Evaristo.
Esta foi a primeira vez que actuou a Banda Popular de Rubiós na festa de Sandomedio de Taboexa un 7 de Agosto.
O que está sentado, co seu xerro de viño, paréceme Francisco de María Rosa, o avó de Gonzalo e irmáns, o noso veciño máis achegado, a quen eu observei moitas veces montado no seu cabalo, camiño de As Neves para face-la súa compra na praza. Un home alegre, traballador e honrado, a quen eu admiraba e quería de verdade.
Jerónimo Rodríguez Álvarez, fillo de Juan Antonio e María Rosa, natural de Rubiós, casou en Taboexa con Enarnación Fortes Rodríguez, viúva de Manuel Rodríguez Cambra, que vivía en Altamira. Este tal Jerónimo, tamén músico, era moi amigo de D. Evaristo Senra, e axudouno moito a pór en marcha a Banda Popular de Rubiós.

Igrexa de Rubiós
San Xoán de Rubiós, anexo de Taboexa dende sempre,, independizouse no ano 1904. Así anota no libro de bautizados D. Evaristo:
"En esta fecha empieza el arreglo parroquial llevado a cabo por el Ilmo. Sr. D. Valeriano Menéndez Conde. Primero de Julio de 1904".
D. Valeriano Menéndez Conde, foi bispo de Túi, dende 1894 ata 1914.
D. José Ubeira y Ubeira foi ecónomo de Rubiós dende o primeiro de Xullo de 1904 ata o 23 de Febreiro de 1905 en que comezou a rexenta-la parroquia D. Victor Vidal Cal, xa como párroco propio
Cemiterio vello de Taboexa
.

No 7 de Novembro de 1895 inaugurábase este Cemiterio en Taboexa, hoxe en desuso, chámase o antigo cemiterio. O primeiro cadaver, que se enterrou nel, foi o de Manuel Fernández Rodríguez,de 62 anos, viúvo de María Rodríguez, fillo de Francisco e María, quen faleceu por parálise estomacal.
Antes, enterrábase no Adro.


Debaixo deste altar está a sepultura de D. Evaristo Senra Martínez. Vemos dous cirios e a súa fotografía.. Era moi amigo da familia de Fernández Sobral, da feira da Carrasqueira, e concedéronlle a sepultura máis importante da capela , a que está en fronte, debaixo do altar, no cimeterio vello.
É curioso, que aínda hoxe, a 86 anos da súa morte, esta familia persista  expoñendo a súa fotografía e lle prenda cirios tódolos sábados, ano tras ano. Na actualidade é Rosa, a sobriña do perito D.Antonio Fernández Sobral, ou Maribel, a sobriña de Rosa, as que corren con este cargo.
Partida de defunción:
"En la parroquia de Santa María de Taboeja en el dia 22 de Junio de 1925, D. Evaristo Senra Martínez falleció el día 21 a las siete de la tarde en la casa rectoral a consecuencia de una afección cardíaca a la edad de 81 años, natural de la ciudad de Tuy, hijo legítimo de de D. Fernando y Dña. María. Fue sepultado el día 22 a las siete de la tarde.. Se celebraron los funerales el día 23. Asistieron 12 sacerdotes. Fueron testigos los párrocos: 
D. José Fernández Martínez, de Meder.
D. Manuel Perez Martínez, de Leirado.
D. José Rodríguez Montero, de Rubiós.
D. Mariano Araujo, de Ribarteme."
Cando tomou posesión, como párroco desta parroquia tiña 38 anos. Morreu ós 81 anos. Botou por tanto 43 anos ó servicio da parroquia.
Neste ano 1925 houbo na parroquia 13 defuncións.
                                     &&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&
Para deixar un bo sabor de boca, permitídeme que conte unha anécdota de D. Evariso Oína a moitos cregos e veciños. Por iso coido foi verdade..
A súa nai, ó inviuvar, vivía con él na rectoral. E unha rapaza, bastente espelida, axudaballe en algunhas cousas, sobre todo para  coida-lo cabalo..
D. Evaristo, anque era crego, tamén era político e militar. E acostumaba ir a Madríd, de cando en cando, para estar cos seus amigos, traer algún instrumento musical para a banda de música de Rubiós ou unha axuda económica.. E a rapaza ía con él ata estación de F.C. das Neves, cada quen no seu cabalo, co fin de trae-las dúas bestas de volta.
Un día foron escasos de tempo. Mesmo estaban na estación cando o tren comeza a pitar para indica-la súa posta en marcha, facendo aquel clásico e atronador ruído dunhas máquinas movidas a carbón. E D. Evaristo tivo a ocorrencia de dicirlle á rapaza: " corre, e dille ó tren, que pare, que vou eu".
A rapaza, que para ela  D. Evaristo era a persoa máis interesante do mundo, non dubidou, puxo o cabalo a galope, e correndo á par, gritaba a todo pulmón: "pare, señor tren, pare, que velaí ven o Señor Abade de Taboexa". O tren non lle fixo caso e retorna a rapaza moi anoxada..
D. Evaristo, o xefe da estación e máis que estaban a carón rebentaban coa risa.